A Xunta de Galicia mantén aberta ata o próximo venres unha chamada para identificar solucións innovadoras que combatan o coronavirus covid-19
24/03/2020
- Empresas e centros de coñecemento poderán presentar a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) solucións innovadoras maduras que contribúan a frear o coronavirus
- Os solicitantes deben achegar as súas solucións a través do formulario habilitado ao efecto na páxina web gain.xunta.gal
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2020.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), ten aberta unha chamada a todos os axentes do ecosistema galego de innovación que teñan algunha proposta ou proxecto que poida contribuír á loita contra o coronavirus. Búscanse solucións innovadoras que se poida desenvolver de xeito inmediato e que poderán ser presentadas ata o vindeiro venres 27 de marzo.
Trátase de proxectos para ámbito …


