Galicia lidera o uso da innovación na contratación pública en España e sitúase por riba da media europea
13/01/2026
- A Fundación Cotec destaca a posición de Galicia na presentación do ‘Índice para a medición da Compra Pública de Innovación’, que analiza 9,5 millóns de contratos
- A nosa Comunidade quintuplica a media nacional do uso de criterios de innovación nas licitacións públicas, superando tamén a media europea
- Elixe Galicia por ser un territorio pioneiro e referente no proceso de Compra Pública de Innovación, no que se levan investidos 476 millóns de euros en proxectos
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe a aposta estratéxica de Galicia pola Compra Pública de Innovación (CPI) como ferramenta para dar resposta a grandes retos e impulsar a innovación desde a contratación ...


