A Xunta abre a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de innovación e deseño
11/10/2020
- Os galardóns, convocados pola Vicepresidencia económica, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas
- O prazo de presentación de candidaturas a esta primeira edición do certame está aberto ata o 9 de decembro
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2020.- A Xunta ten aberto o prazo de presentación de candidaturas á primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. A convocatoria, publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG), é unha iniciativa da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para recoñecer a destacada contribución de profesionais e empresas ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Tal e como se recolle nas bases, o procedemento de presentación …


