A Unidade Mixta Airus de Everis e ITG presenta os avances logrados co apoio da xunta na xestión do tráfico aéreo de vehículos non tripulados
31/10/2020
- Posta en marcha en 2018 por everis Aeroespacial, Defensa y Seguridad e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), esta iniciativa ten un orzamento de preto de 2,2 millóns de euros e nela están a traballar 16 enxeñeiros
- Súmase a outros proxectos vencellados coa xestión segura do tráfico aéreo que se están a desenvolver no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, como o proxecto de Boeing ou a consulta para desenvolver un simulador U-Space en Rozas
A Coruña, 31 de outubro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta semana á demostración dos dous primeiros módulos da Unidade Mixta de Investigación AIRUS (Automatic Intelligent SeRvices for U-Space), promovida polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a multinacional tecnolà ...


