A Xunta presenta a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico durante o primeiro foro de investigación galega no estranxeiro
2024-03-14
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre ata o 22 de xuño o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Galicia de Xornalismo Científico 2017.
O galardón, que alcanza a súa segunda edición, recoñecerá con 4.000 euros netos o mellor traballo de difusión da investigación científica publicado por un medio de comunicación entre o o 1 xullo de 2016 e o 30 de abril de 2017 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión.
Os xornalistas poden presentar ao certame –a título individual ou en equipo– noticias, crónicas ou reportaxes que teñan como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia: achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, etc.
A entrega do premio terá lugar o 4 de outubro, durante o acto no que se celebra o Día da Ciencia en Galicia.
As bases poden consultarse na web da Real Academia Galega de Ciencias, nesta ligazón.