Novas

A Xunta salienta o papel do deseño para lograr unha recuperación longa e duradeira

29/06/2020

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no III Encontro de Deseño para a Innovación en Galicia, que se desenvolve de xeito telemático. Na súa intervención, Conde salientou o papel do deseño para lograr unha recuperación longa e duradeira.

No encontro, que contou coa participación dos deseñadores Alberto Barreiro, Manuel Vázquez e Nuria Carballo, presentouse a publicación Futuros Posibles: Deseño para a Innovación na era poscovid, que conta con profesionais galegos de éxito nacional e internacional relacionados con todos os ámbitos do deseño.

Alberto Barreiro afirmou que unha das principais tarefas que temos ante esta situación marcada pola COVID-19 é aprender e comprometernos con ...

A Xunta destaca que do primeiro Hackathon virtual de Galicia sairán solucións innovadoras aplicables á era poscovid-19

27/06/2020

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo na primeira das catro xornadas do #HACKatHOME que reúne ata o ao 30 de xuño a empresas, centros de coñecemento e persoas innovadoras
  • Organizados en grupos, os participantes traballarán en cinco retos para adaptar o tecido empresarial á nova realidade

Vigo, 27 de xuño de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo na primeira das catro xornadas do evento #HACKatHOME, o primeiro hackathon virtual de Galicia, onde destacou que agarda que do traballo destes días saian solucións innovadoras aplicables a curto prazo no novo escenario poscovid-19.

Conde agradeceu a Gradiant, unha das 40 entidades que colaboran nesta iniciativa, ...

As pemes poden presentar ata o 10 de xullo a súa candidatura á aceleradora especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao coronavirus Connect-19

26/06/2020

  • No programa da Xunta en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) poderán participar ata 20 compañías
  • Recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e apoio na captación de financiamento, seguindo un itinerario personalizado

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación, (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada online sobre a nova aceleradora de innovación da Xunta en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), situado en San Cibrao das Viñas (Ourense). A iniciativa Connect-19, cuxo prazo de presentación de candidaturas permanece aberto ata o próximo 10 de xullo, ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras galegas ...

Conde destaca a aposta de Boeing por consolidar o CIAR de Rozas como un referente no eido dos avións non tripulados

25/06/2020

Castro de Rei (Lugo), 25 de xuño de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na posta en marcha do laboratorio de proba de voos impulsado por Boeing no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) a contribución da multinacional para consolidar este centro como un referente no ámbito dos avións non tripulados, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.

Esta infraestrutura enmárcase no proxecto Galician Skyway, centrado na busca de solucións tecnolóxicas para a seguridade do tráfico aéreo no tripulado en espazos compartidos con aeronaves tradicionais. ...

A FGE e a Axencia Galega de Innovación convocan unha bolsa de formación para titulados superiores no ámbito da I+D+i

22/06/2020

  • As prácticas formativas ofrecen a posibilidade de coñecer de preto a actividade da UE para a fomento da I+D+i
  • A bolsa terá unha duración dun ano e desenvolverase na oficina da FGE en Bruxelas
  • O prazo de presentación de solicitudes dá comezo mañá, 23 de xuño, e remata o vindeiro 22 de xullo

Bruxelas, 22 de xuño de 2020. A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa para a formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación destinada a titulados superiores universitarios. Esta é a quinta convocatoria da bolsa de I+D+i tras a entrada de GAIN no padroado da FGE en xuño de 2015.

A bolsa de prácticas terá unha duración dun ano e desenvolverase, principalmen …

A Xunta forma persoal investigador para concorrer con éxito ás axudas do Consello Europeo de Investigación

22/06/2020

  • A Axencia Galega de Innovación celebrou esta mañá un taller práctico de preparación de propostas enfocado ás convocatorias 2020 deste organismo
  • A acción formativa enmárcase no programa Oportunius, que ten como obxectivo xerar, atraer e reter novos beneficiarios destes apoios en Galicia

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020.- A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, celebrou esta mañá un taller práctico online de preparación de propostas ás convocatorias 2020 do Consello Europeo de Investigación (ERC nas súas siglas en inglés), nomeadamente ás Advanced Grant, no que participaron máis de 30 investigadores procedentes das 3 universidades galegas e dos centros do CSIC en Galicia, entre outros centros de i …

O III Encontro do deseño galego abordará o futuro do sector ao servizo da competitividade empresarial

21/06/2020

  • A Xunta reúne de xeito telemático o próximo 29 de xuño a profesionais de prestixio internacional para reflexionar sobre os retos e oportunidades que se abren na relación deseño-empresa
  • Presentarse a publicación “Futuros posibles: Deseño para a innovación na era pos-COVID”, que se vén sumar á colección sobre o deseño editada pola Administración autonómica

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2020.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (Gain), reinventa este ano o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial para adaptar tanto o seu formato como a súa temática á situación provocada polo coronavirus. A terceira edición deste evento, que se celebra o 29 de xuño con motivo do Día Mundial do Deseño In …

A Xunta activa unha nova aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á covid-19

19/06/2020

  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) na iniciativa Connect-19, na que poderán participar 20 pequenas e medianas empresas que recibirán asesoramento individualizado
  • Este programa, cun orzamento de preto de 600.000 euros, busca impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras galegas que contribúan a reducir o impacto social e económico do coronavirus

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020.- A Xunta pon en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á covid-19. Na iniciativa Connect-19 poderán participar 20 pequenas e medianas empresas que recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e técnica e potenciarán a s ...

A Xunta organiza o primeiro hackathon virtual de Galicia co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras dirixidas ao comercio, a industria e o emprego

19/06/2020

  • Do 27 ao 30 de xuño, empresas, centros de coñecemento e persoas innovadoras traballarán en 5 retos cos que adaptar o tecido empresarial á nova realidade
  • #HACKatHOME conta coa colaboración de preto de corenta entidades, entre as que se atopan clústers empresariais, empresas tractoras, as tres universidades galegas e centros tecnolóxicos
  • O prazo de inscrición no evento, do que se informou esta mañá nun seminario online, está aberto ata este domingo 21 de xuño

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020.- A Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria celebrou esta mañá un seminario online de presentación do #HACKatHOME, o primeiro hackathon virtual de Galicia, que se celebrará do 27 ao 30 de xuño co obxectivo de desenvolver so …

A Xunta reforzará a xestión da planificación territorial e o control forestal coa utilización de dúas innovadoras solucións baseadas no uso de vehículos non tripulados

17/06/2020

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na xornada para informar destes proxectos que forman parte do Polo Aeroespacial de Galicia
  • O acto, celebrado na Axencia Galega de Innovación, contou coa presenza de representantes de diferentes departamentos do Goberno galego que serán usuarios das ferramentas

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2020.- A Xunta de Galicia reforzará este ano a xestión da planificación territorial e do control das masas forestais con dous dos proxectos innovadores desenvolvidos no Polo Aeroespacial de Galicia baseados na utilización de sensores transportados en vehículos non tripulados. Deste xeito, estas dúas solucións pasan a ser unha realidade que mellorará a prestación dos servizos públicos.

O consellei …

1 83 84 85 86 88 89 90 91 194