04/12/2020
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, presentaron esta mañá este instrumento financeiro que apoia proxectos de I+D+i de pemes para mellorar a súa posición competitiva
- A convocatoria 2020 dos préstamos IFI Innova, que ten aberto o prazo de solicitude ata o 30 de decembro, conta cun orzamento de máis de 3 millóns de euros
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, abriron esta mañá a xornada online sobre os instrumentos financeiros innovadores (IFI) dirixidos a intensificar o apoio a micro, pequenas e medianas empresas galegas no financiamento do novos proxectos innovadores, cofinanciado ...