A Xunta destina 15M€ a impulsar proxectos estratéxicos para implantar a Fábrica Intelixente en Galicia
27/08/2020
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca a cuarta edición deste programa, que prevé mobilizar 49 millóns de euros
- Esta iniciativa, posta en marcha en 2016, xa permitiu mobilizar 218 millóns de euros en 15 proxectos vencellados á automoción, o naval, o sector alimentario, o forestal e a lousa
- Enmárcase no Plan de reactivación económica, que busca contribuír á recuperación da economía galega, fixar tecido industrial, gañar competitividade e crear emprego de calidade
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da cuarta edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible. Esta liña de axudas …


