A Xunta destina preto de 3,2M€ á nova convocatoria de préstamos directos para impulsar proxectos innovadores de pemes galegas
17/08/2020
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova edición do programa de instrumentos financeiros innovadores vinculado á execución de proxectos de I+D+i (IFI Innova)
- Concederanse créditos de entre 50.000 e 500.000 euros con condicións financeiras vantaxosas
- Están dirixidos especificamente a que micro, pequenas e medianas empresas melloren a súa competitividade
- Esta iniciativa ten permitido xa apoiar investimentos por máis de 5,4 millóns de euros en sectores como o das TIC, a biotecnoloxía ou o forestal
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2020.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Igape, abre unha das liñas do programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIs). En co …


