A aceleradora aeronáutica BFAero bate récord de participación con 85 proxectos que optan a entrar na súa terceira edición
26/10/2020
- A iniciativa, que forma parte do polo aeroespacial de Galicia, practicamente duplica as cifras das dúas anteriores convocatorias con 27 ideas de Galicia, 52 doutras comunidades e seis de fóra de España
- Ata este xoves 29 ás 14.00 horas está aberta a votación popular que permitirá que os dous proxectos con máis votos pasen á fase final de selección xunto cun mínimo doutras dez candidaturas
Lugo, 26 de outubro de 2020.- Un total de 85 proxectos aplicables ao sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados optan a formar parte da terceira edición da Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta dentro do polo aeroespacial de Galicia, tras pecharse o prazo de presentación de solicitudes. Así, a aceleradora bate o seu récord de participación e practicamente duplic …


