Novas

Galicia pon a disposición do seu tecido empresarial 6,8M€ en axudas para financiar proxectos de I+D+i colaborativos no eido da dixitalización

20/11/2020

  • A Xunta, a través do programa Conecta Hubs, prevé apoiar ao redor de 10 iniciativas que mobilizarán 18M€ e que estarán aliñadas coa Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia e cos obxectivos do Programa Europa dixital
  • Tanto a I+D como a innovación en proceso, organización e produto teñen cabida nesta nova iniciativa autonómica que proporciona un esquema de apoio completo para reforzar a resiliencia das pemes galegas e favorecer a súa competitividade nunha contorna internacional
  • Apoia principalmente as pequenas e medianas empresas con maiores dificultades para o acceso a recursos e competencias, o que as acompañará na súa transformación dixital
  • Os proxectos apoiados desenvolveranse sempre en cooperación entre pemes e permitirase a participación d …

A dixitalización das pemes galegas, obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia

20/11/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou na visita á empresa vilalbesa Pelé Design & Retail que a transformación dixital do tecido empresarial é un dos principais retos do Goberno galego
  • A compañía, dedicada á construción e á segunda transformación da madeira, está a implantar un plan de innovación para acometer a dixitalización dos seus procesos co apoio dos programas InnovaPeme e Principia da Xunta
  • A nova convocatoria de axudas Conecta Hubs, dotada con 6,8M, apoiará a realización de proxectos colaborativos de I+D+i no ámbito da dixitalización

Vilalba, 20 de novembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa vilalbesa Pelé Design & Retail, empresa familiar v …

A Xunta aposta polo traballo conxunto a través da I+D+i para fortalecer a competitividade do tecido produtivo e mellorar o benestar social

17/11/2020

  • Conde destaca que desde Galicia se busca dar un maior impulso á colaboración público-privada, fundamental para os proxectos que optan aos fondos europeos Next Generation
  • A Xunta e a Fundación Cotec colaboran no proxecto InnovaIUS.Lab, para facilitar o deseño de contratos de Compra Pública Innovadora

Madrid, 17 de novembro de 2020.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Madrid á reunión do padroado da Fundación Cotec para la Innovación, que estivo presidida polo rei Felipe VI. No encontro, Conde, que agradeceu o labor que realiza esta entidade ao servizo da innovación en España, sinalou a importancia de seguir traballando xuntos a través da I+D+i, para fortalecer a competitividade do tecido pr …

A Xunta destaca o importante papel de Gradiant na dixitalización das pemes galegas

13/11/2020

  • Dende o pasado luns, Gradiant acolle a Virtual Demoweek, na que presentaron a preto de 200 persoas os últimos avances tecnolóxicos do centro en ámbitos como a ciberseguridade, a conectividade 5G, os UAV, a Industria 4.0 e a Intelixencia Artificial
  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, clausurou hoxe o evento

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, participou hoxe na última sesión da Virtual Demoweek de Gradiant, un evento que amosou os últimos avances tecnolóxicos desenvolvidos polo centro tecnolóxico ao tecido produtivo. Durante unha semana, preto de 200 persoas de moi diversos sectores (TIC, alimentario, enxeñaría, madeira, drons, enerxías renovables, se …

A Xunta apoia con 3 M€ o desenvolvemento de 15 proxectos de investigación galegos para avanzar na loita contra a covid-19

12/11/2020

  • Nove iniciativas de fundacións que desenvolven o seu labor no eido sanitario e seis de universidades galegas investigarán a caracterización clínica e biolóxica da enfermidade, técnicas de diagnose virolóxica rápida, terapias innovadoras e a análise masiva de datos orientados ao control epidemiolóxico
  • Trátase de iniciativas que se presentarán á convocatoria do Instituto de Salud Carlos III e que, a pesar de conseguir unha avaliación positiva, non obtiveron fondos
  • Este programa, incluído no Plan de reactivación económica de Galicia, permite a contratación de 43 investigadores
  • Con esta nova liña, o Goberno autonómico leva destinados 14 M€ a apoiar a I+D+i nos organismos de investigación galegos na busca de medidas que apoien a súa actividade e que poidan conter …

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado de Indra e Xunta

11/11/2020

  • A aeronave está pensada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo
  • Trátase do avión opcionalmente pilotado civil máis avanzado desenvolto ata agora en España

Castro de Rei (Lugo), 11 de novembro de 2020.- A Xunta e a compañía Indra deron comezo ás probas de voo finais do Targus, o avión opcionalmente pilotado (OPV) civil máis avanzado desenvolto ata a data en España no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. A aeronave está preparada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo, entre outras aplicacións.

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acudiu ...

A Xunta mantén aberta ata o 9 de decembro a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de Innovación e Deseño

08/11/2020

  • Os galardóns, convocados a través da Axencia Galega de Innovación, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2020.- Os profesionais e empresas interesados en presentarse á primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño teñen aínda un mes de prazo para formalizar a súa candidatura. A convocatoria realizada pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) para recoñecer a destacada contribución de profesionais e empresas ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño está aberta ata o 9 de decembro.

O certame conta con seis categorías. Tres delas están especificam …

A Xunta forma na aceleradora Connect-19 a pemes na mellora das competencias comerciais de produtos e servizos innovadores

05/11/2020

  • As actividades formativas, que rematan hoxe, forman parte do programa de aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a covid-19
  • O obxectivo desta aceleradora posto en marcha en colaboración coa Tecnópole é impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de pemes galegas que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola pandemia

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou na súa intervención de peche do ciclo formativo da aceleradora Connect-19 a iniciativa e a capacidade innovadora das pemes galegas, que reaccionaron rapidamente ante os novos retos plantexados pola pandemia. De feito, puxo de relevo que partiron das pemes unha grande parte dos proxectos e soluci …

A Unidade Mixta Airus de Everis e ITG presenta os avances logrados co apoio da xunta na xestión do tráfico aéreo de vehículos non tripulados

31/10/2020

  • Posta en marcha en 2018 por everis Aeroespacial, Defensa y Seguridad e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), esta iniciativa ten un orzamento de preto de 2,2 millóns de euros e nela están a traballar 16 enxeñeiros
  • Súmase a outros proxectos vencellados coa xestión segura do tráfico aéreo que se están a desenvolver no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, como o proxecto de Boeing ou a consulta para desenvolver un simulador U-Space en Rozas

A Coruña, 31 de outubro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta semana á demostración dos dous primeiros módulos da Unidade Mixta de Investigación AIRUS (Automatic Intelligent SeRvices for U-Space), promovida polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a multinacional tecnolà ...

Conde invita a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración con Galicia presentando propostas coas que optar aos fondos europeos de reconstrución

28/10/2020

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo na presentación do balance da primeira fase da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Irmas, que terá continuidade durante os próximos tres anos cunha segunda etapa de consolidación
  • No marco deste proxecto impulsouse o Centro de Ciberseguridade de Galicia (Tegra), un bo exemplo das oportunidades que se abren coa transferencia de coñecemento ao mercado

Vigo, 28 de outubro de 2020.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, invitou esta mañá en Vigo a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración coa Xunta, que demostraron no desenvolvemento da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Irmas, ...

1 78 79 80 81 83 84 85 86 194