Novas

O proxecto europeo Manufactur 4.0, no que participa a Xunta, permitiu incentivar a implantación das tecnoloxías 4.0 no sector naval e metalúrxico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

06/12/2020

  • A Axencia Galega de Innovación (Gain) organizou unha xornada en liña para dar a coñecer os resultados do proxecto
  • O obxectivo do proxecto, financiado por fondos Feder a través do programa Interreg VA España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), era transferir á industria naval e do metal as novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo
  • Para validar a transferibilidade destas tecnoloxías á industria leváronse a cabo sete proxectos piloto demostradores en dez empresas do Norte de Portugal e de Galicia
  • No proxecto Manufactur4.0 participaron asociacións profesionais como Aclunaga e a portuguesa Catim, os centros tecnolóxicos Aimen e INESC-TEC, así como as axencias Gain e ANI

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Ga …

A Xunta informa sobre os préstamos IFI dirixidos a apoiar proxectos innovadores de pequenas e medianas empresas

04/12/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, presentaron esta mañá este instrumento financeiro que apoia proxectos de I+D+i de pemes para mellorar a súa posición competitiva
  • A convocatoria 2020 dos préstamos IFI Innova, que ten aberto o prazo de solicitude ata o 30 de decembro, conta cun orzamento de máis de 3 millóns de euros

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, abriron esta mañá a xornada online sobre os instrumentos financeiros innovadores (IFI) dirixidos a intensificar o apoio a micro, pequenas e medianas empresas galegas no financiamento do novos proxectos innovadores, cofinanciado ...

A Xunta confirma a súa aposta pola Compra Pública de Innovación no marco do III Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta

02/12/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, interviu no acto inaugural que reúne durante dous días a máis de 400 persoas
  • A Xunta de Galicia é un referente a nivel estatal no ámbito da CPI e recibiu en dúas ocasións o Premio Nacional de Innovación e Deseño neste eido
  • A responsable de Gain anunciou que esta aposta pola CPI se manterá no futuro coa continuidade do Polo Aeroespacial de Galicia

Lugo, 2 de decembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou este mediodía na inauguración oficial do III Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que reunirá durante dous días a máis de 400 persoas procedentes de España e Iberoamérica en formato virtual arredor da Comp …

A Xunta confía en que as sete novas iniciativas seleccionadas para participar na BFAero consoliden esta aceleradora como o núcleo da industria aeroespacial galega

01/12/2020

  • Con catro proxectos de fóra de Galicia dous de Madrid, un de Alacante e outro de Zaragoza a terceira edición ábrese ao exterior e confirma o interese que esperta esta iniciativa na que tamén participarán equipos da Coruña, Pontevedra e Vigo
  • As dúas primeiras convocatorias tradúcense en 3,6M€ mobilizados, 63 empregos creados e cinco empresas constituídas ao seu abeiro
  • O Polo Aeroespacial de Galicia, que conta o vindeiro ano 2021 con 20M€ reservados nos Orzamentos da Xunta, é un dos 108 proxectos presentados por Galicia para optar aos fondos europeos

Lugo, 1 de decembro de 2020.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Fundación CEL en Lugo ao acto de presentación dos proxectos seleccionad …

A Vicepresidencia segunda incrementa o seu Orzamento para 2021 nun 58% para impulsar a reactivación da economía galega e seguir avanzando na dixitalización, a innovación e a transición ecolóxica

27/11/2020

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou esta mañá no Parlamento de Galicia as contas para o próximo ano, que alcanzan os 512 millóns de euros
  • Outorga á Axencia Galega de Innovación (Gain) a partida máis alta da súa historia para contribuír á transformación do tecido produtivo a través das novas tecnoloxías, un reto que contará con 206M€
  • Multiplica por tres os fondos para instrumentos de financiamento que acompañarán a modernización empresarial
  • Créanse dous fondos de 60M€ para apoiar grandes proxectos cun efecto tractor sobre pemes e autónomos e para acompañar aos sectores que precisen reinventarse debido á covid-19
  • Para contar cunha Galicia máis verde muliplícanse por cinco as axudas de a …

A Xunta interésase pola xestión que o Goberno ten previsto facer dos fondos europeos para seguir avanzando nos proxectos de I+D+i que formarán parte da candidatura galega

26/11/2020

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na conferencia sectorial convocada polo Ministerio de Ciencia e Innovación
  • A candidatura galega para os fondos europeos de recuperación conta, polo momento, cun total de 33 propostas orientadas á modernización do tecido produtivo a través da dixitalización e a innovación

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde no 7º Consejo de Política Científica, Tecnología y de Innovación, no que, entre outros asuntos, se avaliou o papel que a ciencia e a innovación deben xogar no novo contexto socioeconómico marcado pola covid-19, así como o p …

A aceleradora BFAero escolle 28 proxectos finalistas do sector aeronáutico que optan ás sete prazas da súa terceira edición

26/11/2020

  • O Comité Executivo do programa impulsado pola Xunta de Galicia anunciará as sete candidaturas gañadoras o vindeiro 1 de decembro
  • Galicia é a comunidade autónoma que máis proxectos achega nesta fase final, con dez iniciativas; seguida por Madrid, con sete; e Cataluña e a Comunidade Valenciana, con tres
  • Destacan os proxectos relacionados coas tecnoloxías habilitadoras e co tratamento de datos e información

Lugo, 26 de novembro de 2020.- A aceleradora do sector aeroespacial Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta de Galicia no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, vén de seleccionar 28 proxectos finalistas de entre as 85 candidaturas que se presentaron á fase de selección da súa terceira convocatoria.

Estas 28 propostas vinculadas ao sector aeroespacial e do …

A Xunta celebra un workshop sobre materiais hixiénico-sanitarios innovadores ante a covid-19

26/11/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe neste encontro, que se inscribe nas actividades da Materioteca de Galicia
  • Sinala varios casos de éxito neste ámbito que se están a desenvolver na Comunidade, como o material antimicrobiano mediante adición de nanopartículas de prata da empresa Nanogap ou os tecidos que inhiben activamente os virus, matan as bacterias e purifican o aire de Style VTX

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, abriu hoxe a xornada en liña titulada Materiais hixiénico-sanitarios, organizada pola Materioteca de Galicia no marco do Programa de Deseño para a Innovación, ante máis de vinte empresas, departamentos universitarios e deseñadores.

...

A Xunta fomenta a participación de pemes galegas como Edafotec no programa marco de I+D+i da Unión Europea para impulsar a internacionalización do sistema galego de innovación

24/11/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a peme viguesa Edafotec que está a desenvolver co apoio da Xunta un proxecto de innovación recoñecido co selo de excelencia da Comisión Europea
  • A enxeñaría ambiental conta tamén co apoio do Goberno galego para a contratación de persoal destinado a actividades de I+D+i a través dos programas Principia e Talento Sénior
  • A liña de axudas de Gain para o fomento da participación galega no programa marco de I+D+i da Unión Europea, dotada con 2,76 millóns de euros, permanece aberto ata o 30 de novembro

Vigo, 24 de novembro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá en Vigo a enxeñaría ambiental Edafotec. O obxectivo da visita er …

Conde subliña que o novo dron mariño de industrias Ferri encaixa na aposta da Xunta por orientar a aeronáutica cara á mellora dos servizos públicos

23/11/2020

  • O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou esta tarde na botadura desta embarcación destinada ao control da calidade das augas grazas a que incorpora un laboratorio portátil a bordo
  • O proxecto, apoiado con máis de 600.000 euros pola Xunta, forma parte do programa Conecta Peme

Vigo, 23 de novembro de 2020.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, subliñou esta tarde en Vigo, na botadura do dron mariño de Industrias Ferri, que esta embarcación encaixa na aposta que a Xunta de Galicia está facendo por impulsar o sector aeronáutico e orientalo cara a mellora dos servizos públicos.

De feito, esta nova embarcación destinarase ao control da calidade das augas grazas a que incorpora a bordo un laboratorio portá ...

1 77 78 79 80 82 83 84 85 194