Novas

A Xunta visibiliza o talento e a competitividade da I+G+i a través dunha campaña entre a cidadanía

01/02/2026

  • A Consellería de Ciencia iniciará esta semana unha ampla acción de promoción que difunde a importancia da ciencia e a innovación para a mellora social e económica
  • Cinco profesionais de diversos ámbitos da I+D+i desenvolta en Galicia protagonizan a campaña para recoñecer o traballo que realizan a prol da Galicia Calidade
  • Trátase de Jaime Martín, Mabel Loza, Luis Pérez, María de la Fuente e Pablo Álvarez, que representan distintos tipos de sectores e entidades da Comunidade

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2026.- A Xunta de Galicia iniciará esta semana unha ampla campaña de promoción co obxectivo de visibilizar o talento dos profesionais dedicados á I+G+i, a ciencia e a innovación feitas en Galicia, así como a competitividade do ecosistema que a conforman. ...

A Xunta contratará este ano máis de 175 novos investigadores predoutorais e posdoutorais cun investimento de máis de 32 M€

31/01/2026

  • Abre o prazo ata o 27 de febreiro de tres convocatorias científicas que elevan a case 500 as bolsas deste tipo cun investimento en marcha de preto de 136 M€
  • A Consellería de Ciencia apoiará a actividade investigadora de 102 predoutorais e 73 posdoutorais para que poidan desenvolver a súa carreira na I+G+i galega

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2026.- A Xunta de Galicia vén de convocar axudas para contratos predoutorais e posdoutorais (tanto de nova incorporación como de continuidade) cun investimento de máis de 3 …

A Xunta expón o seu modelo de transferencia de coñecemento na feira internacional ‘Science for Industry’ en Madrid

29/01/2026

  • Unha delegación galega, formada por máis de 70 persoas dunha trintena de entidades da I+G+i, participa neste evento internacional
  • Unha delegación galega, formada por máis de 70 persoas dunha trintena de entidades da I+G+i, participa neste evento internacional

Madrid, 29 de xaneiro de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou hoxe nunha mesa redonda sobre modelos de gobernanza e instrumentos para o impulso da transferencia de coñecemento no marco da feira internacional Science for Industry (S4i), en Madrid, xunto a membros do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e das comunidades autónomas de Extremadura e Navarra.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e interveu no debat sobre instrumentos de imp …

A Xunta destaca os premios de investigación RAGC-Barrié como exemplo do talento da I+G+i

28/01/2026

  • O conselleiro Román Rodríguez participa na entrega dos recoñecementos organizados pola Real Academia Galega de Ciencias e a Fundación Barrié

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, gabou hoxe o traballo dos investigadores galardoados cos Premios de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e da Fundación Barrié no acto de apertura do curso académico 2026. Estes recoñecementos distinguen a investigación de excelencia que se desenvolve en Galicia nas áreas de Ciencias Básicas, Ciencias Técnicas e Ciencias Sociais.

O representante da Xunta puxo en valor o papel da I+G+i “para mellorar a calidade de vida das persoas e para dar resposta a retos complexos da sociedade actual” ...

A Xunta e o Goberno de España avanzan en Bruxelas na planificación da factoría europea de IA que acollerá o Cesga

27/01/2026

  • O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, e o secretario de Estado de Ciencia, Juan Cruz Cigudosa, participan nunha reunión de traballo co director xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías (DG Connect) da Comisión Europea, Roberto Viola

Bruxelas, 27 de xaneiro de 2026.- Galicia avanza na planificación da Fábrica europea de intelixencia artificial One1HealthAI concedida a finais do pasado ano, que estará especializada no ámbito da saúde integral (humana, animal e ambiental) e situada no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Con esta finalidade, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na reunión en Bruxelas co director xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías (DG Connect) da Comisi ...

Román Rodríguez anima ao sector da biotecnoloxía a participar na enquisa para a elaboración da nova Estratexia de excelencia 2030

23/01/2026

  • O conselleiro de Ciencia e o presidente de BIOGA asinan un convenio para a súa achega na elaboración da Estratexia
  • A folla de ruta, que se presentará antes do verán, contará con achegas tanto de profesionais galegos como do exterior para determinar prioridades, retos e expectativas
  • O obxectivo é contar cun tecido produtivo de alto valor engadido, capaz de crear emprego cualificado, atraer e reter talento e captar investimentos

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026.- A enquisa para achegar unha visión global da situación do sector da biotecnoloxía en Galicia xa está dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación co fin de recompilar información e comezar a elab …

A Xunta destina máis de 10 M€ a apoiar a tese doutoral de 76 investigadores en empresas e centros de I+G+i

21/01/2026

  • O conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, participa no acto de benvida aos novos 14 profesionais que se incorporan este ano ao programa
  • Sete estudantes proceden da USC, cinco da UVigo e dous da UDC e, de todos eles, 11 realizarán a súa tese en empresas e os tres restantes en centros tecnolóxicos
  • As principais áreas de coñecemento nas que centrarán as súas investigacións son a bioloxía, a enxeñaría, a física, a informática ou a química

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2026.- A Xunta de Galicia celebrou hoxe o acto de benvida á nova promoción do programa Doutoramentos Industriais, que chega a súa quinta edición cun total de 76 investigadores apoiados cun investimento de máis de 10 M€ desde o seu nacemento. “O obxectivo é que realicen a s …

Galicia sitúase entre as seis comunidades con maior número de spin-offs especializadas en tecnoloxías profundas

20/01/2026

  • A directora da Axencia Galega de Innovación participa na clausura do acto de presentación do informe ‘O ecosistema de spin-offs deep tech en España 2025’
  • Nel destácase a posición de Galicia ao concentrar o 5,2% das spin-offs activas, un ámbito que a Xunta apoia a través do programa Ignicia
  • A Universidade de Santiago sitúase entre as cinco entidades españolas que máis spin-offs deste tipo crearon

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou hoxe que a “ciencia que xeramos está comezando a transformarse en empresas, en solucións e en impacto real para a sociedade e que Galicia ocupa unha posición destacada a nivel estatal na creación de empresas de tecnoloxías profundas”. Estas tecnoloxías …

O novo laboratorio CESGA-AtlanTTiC impulsará unha plataforma experimental sobre computación cuántica óptica

15/01/2026

  • Cun investimento de 2,4 M€, desenvolverase un laboratorio compartido entre ambos centros no que se traballará no desenvolvemento dun procesador cuántico
  • Consolidarase como unha infraestrutura singular en Galicia, coa que a I+G+i avanza no liderado desta tecnoloxía que explora os límites do coñecemento actual
  • Román Rodríguez destaca que estamos ante “liñas punteiras de investigación que nos próximos anos serán clave” polos que a Xunta está apostando fortemente

Vigo, 15 de xaneiro de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, firmaron hoxe un acordo entre o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e o AtlanTTic (Centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicaci …

Galicia entra na carreira do deseño de procesadores cuánticos grazas ao novo laboratorio CESGA-IGFAE

14/01/2026

  • Cun investimento de 2,2 M€, desenvolverase un laboratorio cuántico compartido especializado en tecnoloxías cuánticas aplicadas á física de partículas e nuclear
  • Será un espazo único en España no seu ámbito, co que a I+G+i dá un novo paso para liderar esta tecnoloxía que explora os límites do coñecemento actual
  • Román Rodríguez destaca que estamos “ante liñas punteiras de investigación que nos próximos anos serán clave para dar respostas innovadoras aos retos presentes”

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, firmaron hoxe un convenio de colaboración entre o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e ...

1 4 5 6 7 9 10 11 12 198