A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago, 5 de setembro de 2016.- Galicia acolle dende hoxe, e ata o próximo mércores, o primeiro obradoiro interrexional Outside-In Innovation que, baixo o liderado da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), contará con expertos de sete rexións europeas para intercambiar boas prácticas no eido da innovación en saúde. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que inaugurou este primeiro obradoiro, manifestou a súa satisfacción de que o Servizo Galego de Saúde sexa “un referente en innovación en España, e queremos seguir mellorando e aprendendo do que se fai con éxito noutras rexións europeas; e ademais, facelo dun xeito aberto, tal e como plantexa o proxecto TITTAN, contando con todos os actores do ecosistema: empresas, centros de investigación e outros”.
Este será o primeiro de cinco eventos internacionais do proxecto TITTAN (Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network), unha iniciativa que establecerá unha rede de coñecemento en relación á innovación e á transferencia de tecnoloxía en saúde, tomando como prioridade as enfermidades relacionadas co envellecemento poboacional.
Este proxecto persegue que as sete rexións intercambien boas prácticas ao longo de 30 meses. Posteriormente cada unha delas elaborará un plan de acción personalizado, que se porá en marcha nos 24 meses seguintes. O obxectivo é promover o desenvolvemento de innovacións dirixidas a fomentar o envellecemento activo en cada unha das rexións que participa en TITTAN.
O primeiro evento, que se celebra estes días, céntrase en facilitar a transferencia de coñecemento e desenvolvementos tecnolóxicos existentes no sector privado cara os sistemas sanitarios. Con esta estratexia preténdese influír en cidadáns, empresas, investigadores e profesionais clínicos sobre a importancia da innovación para mellorar a calidade de vida dos maiores.
Os expertos compartirán programas de innovación e iniciativas que están sendo implementadas na actualidade nas súas respectivas rexións. Analizaranse experiencias de colaboracións entre o sector público e privado que teñan achegado un claro beneficio aos pacientes e aos sistemas de saúde. Neste sentido, neste primeiro encontro farase especial fincapé en metodoloxías de fomento de Compra Pública Innovadora, modalidade na que o Sergas e Galicia teñen demostrado o seu liderado a nivel nacional e internacional.
O proxecto TITTAN, dotado de 1,7 millónes de euros do programa InterregEurope, está liderado por Galicia a través da Axencia Galega de Coñecemento da Saúde (ACIS). No proxecto tamén participan outras organizacións do ecosistema de innovación e investigación de saúde de Galicia como as tres Fundacións de Investigación Biomédica, o Clúster de Saúde, o Clúster de Alimentación (CLUSAGA), o Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (BIOGA) e a Axencia Galega de Innovación de Galicia (GAIN).