A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago, 4 de xullo de 2016.- A Consellería de Sanidade organizará mañá, ás 11,00 h, un almorzo informativo para presentar aos medios de comunicación o proxecto TITTAN (Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network).
Trátase dunha iniciativa coordinada pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco da convocatoria InterregEurope, financiada con fondos Feder e que conta cun orzamento de case 1,7 millóns de euros.
As súas liñas de actuación comprenden o intercambio de boas prácticas para fomentar a innovación dende o exterior cara os sistemas sanitarios, como é o caso da Compra Pública Innovadora; o impulso da transferencia de tecnoloxía dende os sistemas sanitarios ao paciente; e a concienciación da cidadanía na xestión do envellecemento e da saúde mediante o uso de hábitos, procesos e tecnoloxías innovadoras.
O almorzo informativo celebrarase na sala 3.2 da Consellería de Sanidade (no terceiro andar), e participarán nel a directora de ACIS Sonia Martínez Arca; a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Pilar Morgade; a presidenta do Clúster da Saúde, María Gómez-Reino; a presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial Das Ciencias Da Vida (BIOGA), Carme Pampin; e o presidente do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), Roberto Alonso.