A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal acada máis de 470 millóns de euros para desenvolver 1103 proxectos de innovación
11/05/2021
- A meirande parte das iniciativas encádranse dentro das seis áreas estratéxicas de cooperación identificadas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente Tranfronteiriza, liderada pola Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte
- Destacan as áreas de Industria 4.0, o tecido industrial agroalimentario e biotecnolóxico e a vida saudable e envellecemento activo
- A captación de fondos superou con moito as previsións, que se situaban en 360M€
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nun brokerage tecnolóxico enmarcado na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), a primeira RIS transfronteriza d …


