A Xunta activa novas axudas para que as pemes galegas incorporen o deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade
29/06/2021
- A convocatoria, cun investimento de 1,5M€, sairá publicada no Diario Oficial de Galicia o vindeiro venres 2 de xullo coa previsión de poder apoiar 50 proxectos con axudas que oscilan entre os 5.000 e os 100.000€
- Trátase dunha liña de apoios específica enmarcada no novo Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024-Diferenza, que busca consolidar a cultura da innovación e o deseño no tecido empresarial de Galicia
- Conde destaca que o obxectivo é crear un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico de Galicia
Ferrol, 29 de xuño de 2021.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que o vindeiro venres 2 de xullo a Xunta convocará a nova liña de axudas ...


