A Xunta reivindica a Unidade Mixta de Investigación na que colabora coa UDC e Navantia como unha ferramenta fundamental para a modernización do tecido industrial de Ferrolterra
12/05/2021
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, salientou a necesidade de colaboración entre empresas e centros de coñecemento nunha xornada de difusión da UMI no campus ferrolán da Universidade da Coruña
Ferrol, 12 de maio de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada de difusión da Unidade Mixta de Investigación (UMI) da Universidade da Coruña (UDC) e Navantia baixo o título de “O Estaleiro do Futuro”, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, onde tivo a oportunidade de coñecer os avances dos proxectos de investigación desenvolvidos no marco desta iniciativa.
No transcurso da mesma, a directora de Gain salientou o valor das UMIS como instrumento favorecedor da coopera …


