Novas

O Polo Aeroespacial de Galicia xerou 47 novos proxectos de I+D+i e propiciou a creación dunha comunidade de innovación con capacidades para captar novos proxectos internacionais

07/06/2021

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, fixo balance dos resultados do período 2015-2020 durante a presentación da Estratexia 2021-2025 ante representantes das pemes, centros de coñecemento e empresas tractoras que participaron na iniciativa
  • Neste período obtivéronse 655 resultados tecnolóxicos, dos que 62 xa están no mercado e constitúen unha base sólida para o crecemento do sector en Galicia

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun encontro para presentar a Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025 a representantes dos máis de 50 axentes (pemes, centros de coñecemento e empresas tractoras) que participaron no período 2015-2020 na iniciativa. ...

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada para desenvolver proxectos como o de Ferroatlántica que permiten mellorar a fabricación de baterías de ion-litio

03/06/2021

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá por videoconferencia no acto de presentación desta iniciativa que busca mellorar o custo e a sustentabilidade das baterías de alta densidade enerxética
  • A Administración autonómica apoia este proxecto con 1,7 millóns de euros a través do programa Fábrica Intelixente
  • Nesta iniciativa participan tamén ABCRLabs, Enso Innovation, Ártabro Tech e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multusectorial (Cetim)

Santiago de Compostela (A Coruña), 3 xuño de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá por videoconferencia ao acto de presentación do proxecto Eco-Smart Batt que está a desenvolver Ferroatlántica desde a súa sede en Sab ...

Galicia destina 12M€ a unha iniciativa para axudar a 15.000 pemes e microempresas a investir en innovación

31/05/2021

  • A Xunta porá o foco nas empresas con potencial para innovar que aínda non o fixeron e naquelas situadas en núcleos non urbanos
  • Actuará a través de cinco eixes centrados na oferta de servizos próximos e personalizados, o impulso de redes locais, o fortalecemento das habilidades de innovación, o reforzo dos actuais instrumenos de apoio ou a creación dun observatorio
  • No acto participaron Cartogalicia, Proquideza e Mercantia, tres casos de éxito que explicaron as súas experiencias
  • Un exemplo das medidas coas que xa conta o Goberno galego é o Programa InnovaPeme –cuxo prazo de solicitude está aberto ata o 7 de xuño– co que xa se apoiaron 124 pemes

Lalín (Pontevedra), 31 de maio de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Fr …

Xunta e Bioga colaborarán no desenvolvemento de iniciativas en Galicia que axuden na captación de novas empresas biotecnolóxicas

30/05/2021

  • A Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida buscan consolidar o papel do sector biotecnolóxico en Galicia con medidas como o programa Lonxa de talento, que facilitará ao tecido industrial de recente creación a posibilidade de acceder a persoal de alta cualificación
  • O Goberno galego e Bioga deseñan a nova Estratexia de impulso da biotecnoloxía 2021-2025, despois de que a anterior folla de ruta permitise nos cinco anos anteriores duplicar o número de compañías biotecnolóxicas na Comunidade

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2021.- A Xunta de Galicia vén de aprobar o desenvolvemento dun convenio de colaboración co Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) para levar a cabo novas actuacións que perm …

Galicia, unha das comunidades españolas que en 2019 logrou superar os niveis de investimento en I+D previos á crise

26/05/2021

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Madrid á presentación do Anuario 2021 da Fundación Cotec no que se recolle o informe realizado polo seu Observatorio
  • Estivo no mostrador da galega Bionix, apoiada pola Xunta no desenvolvemento dun respirador de baixo custo industrializable a escala

Madrid, 26 de maio de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Madrid á presentación do Anuario 2021 da Fundación Cotec, un evento que este ano se centrou no labor dos profesionais da innovación que durante os últimos meses puxeron o seu talento ao servicio da loita contra o coronavirus.

No marco do acto déronse a coñecer os datos recollidos polo Observatorio no seu informe anu …

A Xunta abre o prazo de presentación de solicitudes para a III edición do Premio Empregado Público Innovador co obxectivo de ofrecer unha Administración pública máis eficiente e moderna

22/05/2021

  • O prazo para presentar as propostas remata dentro de dous meses e será un comité de expertos o que valore as iniciativas relacionadas coa identificación de oportunidades e a actitude innovadora
  • A iniciativa está destinada a todo o persoal funcionario e laboral que traballe na Administración xeral, nas entidades públicas instrumentais ou nas universidades

Santiago de Compostela, 22 maio de 2021.- O Goberno galego abre o prazo para a terceira edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores, que buscan recoñecer a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia que fai posible unha Administración pública máis eficiente e moderna. Establécense agora dous meses para a recepción das solicitudes e poderá presentarse todo o persoal funcionario e laboral ...

Feijóo destaca o Polo Aeroespacial como sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta baseada no desenvolvemento industrial, a transferencia de coñecemento e a creación de empreg

20/05/2021

  • Explicou que é un dos proxectos principais da candidatura de Galicia aos fondos Next Generation, que podería chegar a mobilizar uns 540 M€ a través da colaboración público-privada
  • Permitirá xerar riqueza no ámbito das tecnoloxías, mercados e empregos do futuro, coa creación de ata 3.000 postos de traballo
  • No mes de xullo publicarase a licitación de 40 M€ de Compra Pública Precomercial dos 70 M€ xa comprometidos para o período 2021-2025

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o Polo aeroespacial como un sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta para o período 2021-2025 baseada no desenvolvemento industrial; no fomento das capacidades tecnolóxicas e innovadoras, a través da x …

A Xunta aprobará no Consello no vindeiro xoves o Plan Estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

18/05/2021

  • Conde asegura que será a folla de ruta a seguir para atraer investimentos e consolidar o ecosistema de innovación e de empresas que Galicia xa leva forxado en torno a este sector
  • Subliña que coa urbanización da primeira fase do Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas e os dous hangares de Indra e Babcock se está poñendo á disposición da comunidade científica e empresarial unhas instalacións únicas, avanzadas e de vangarda para desenvolver novos proxectos de base tecnolóxica no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados
  • Lembra que o Polo Aeroespacial de Galicia é un proxecto tractor e estratéxico na candidatura galega aos fondos Next Generation para o que a Xunta espera mobilizar máis de 500M€
  • Destaca que, desde que en 2015 se puxo en marcha esta iniciativa, xa …

A Xunta difunde as oportunidades que representan os materiais innovadores para a industria galega

17/05/2021

  • O Goberno galego ten aberta a inscrición para o primeiro workshop do ano sobre esta cuestión, que se celebra o 20 de maio no marco da Materioteca de Galicia
  • Os promotores de Workshop Contract e Material Hub Innovation presentarán estas dúas iniciativas de intercambio de coñecemento con orixe galega
  • Representantes dos centros tecnolóxicos CTAG, Cetim e Anfaco-Cecopesca explicarán diferentes proxectos nos que estes materiais se revelan como recursos de competitividade para industrias estratéxicas como a automoción
  • O I Certame de Materiais Innovadores de Galicia vén de pechar o seu prazo de recepción de candidaturas con máis de 70 propostas presentadas

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2021.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (Gain), depen …

O martes remata o prazo de solicitude da cuarta convocatoria do programa Talento Sénior da Xunta

16/05/2021

  • A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ten como obxectivo facilitar a contratación de 14 profesionais altamente cualificados ou investigadores doutores con máis de cinco anos de experiencia para que desenvolvan a súa carreira profesional en Galicia
  • A convocatoria diríxese a empresas, organismos de investigación non universitarios público e privados e centros tecnolóxicos
  • Búscase impulsar o emprego cualificado e de calidade, primando os contratos indefinidos ou de máis longa duración, o salario ou a existencia de plans de formación nas empresas, e a incorporación de mulleres ás actividades de I+D+i

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2021.- O vindeiro martes, 18 de maio, pechará ...

1 70 71 72 73 75 76 77 78 194