A Xunta impulsa o Observatorio da Industria Aeroespacial en colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego
02/09/2021
- Feijóo sinala que o obxectivo deste instrumento é fomentar a elaboración de estudos científicos, crear un espazo común de acceso ao coñecemento na materia; estudar e definir as tendencias nacionais e internacionais, realizar actos de difusión de resultados, compilar e divulgar estudos de alto nivel e atraer talento científico
- Explica que esta iniciativa supón a segunda actuación da Estratexia para o Polo Aeroespacial de Galicia ata 2025
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021.- O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recordou que a Xunta de Galicia segue apostando pola internacionalización e dixitalización das empresas galegas nun sector económico emerxente en Galicia como o sector aeroespacial. Neste senso, Feijóo avanzou hoxe a sinatura dun conv …


