Novas

A Xunta salienta que a colaboración co Inta permitirá consolidar tecido industrial e crear emprego cualificado en torno ao polo aeroespacial de Galicia

22/09/2021

  • Conde destaca que, froito desa cooperación, o Polo Aeroespacial de Galicia conta cunha infraestrutura de primeiro nivel que é o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)
  • Asegura que a asignación dos fondos europeos por parte do Goberno debe supoñer o salto de calidade que consolide este proxecto
  • Expresa a súa confianza en que se poidan materializar as boas sensacións recibidas ata o de agora coas dez propostas que se presentaron á convocatoria da Xunta para ser futuros socios industriais do Polo Aeroespacial 2025

Castro de Rei (Lugo), 22 de setembro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a colaboración do Instituto Nacional de Técnica Aeropespacial (Inta) no Polo Aeroespacial d …

Congalsa avanza na implantación dun modelo de produción intelixente no sector da alimentación co apoio da Xunta de Galicia

22/09/2021

  • A empresa da Pobra do Caramiñal está a desenvolver o proxecto no marco do programa Fábrica Intelixente e Sostible do Goberno galego
  • O obxectivo é acometer un proceso de reorientación da organización cara a un modelo de fábrica intelixente a través da dixitalización dos procesos, co apoio do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia-Gradiant
  • A Administración autonómica ten apoiado xa con esta iniciativa 24 proxectos de I+D+i estratéxicos aliñados coa Industria 4.0, cunha axuda conxunta de preto de 73 millóns de euros

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na xornada online de presentación de obxectivos e resultados do proxecto Congals4.0: Deseño e desenvo …

O proxecto Nanoeaters finaliza mañá coa presentación das solucións nanotecnolóxicas desenvoltas para atender as necesidades das empresas da Eurorrexión

21/09/2021

  • Na iniciativa, coordinada pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), participaron sete centros tecnolóxicos e universidades de Galicia e Norte de Portugal
  • No acto de peche, investigadores e empresas exporán os resultados dos proxectos e experimentos pensados para os sectores agroalimentario, acuicultura, medio ambiente, automoción e saúde

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021.- Mañá mércores 22 de setembro, ás 10 horas, terá lugar a xornada de peche do proxecto Interreg Nanoeaters, liderado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia. Desde 2017, oito entidades lusas e galegas veñen colaborando para transferir e valorizar a nanotecnoloxía a pemes innovadoras da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.

A cita, enmarcada baixo o ...

A Xunta reitera o seu compromiso coa transformación dixital e ecolóxica do tecido produtivo

15/09/2021

  • Son dous factores clave da competitividade das empresas e, por tanto, da recuperación económica, segundo apuntou Patricia Argerey
  • A Administración apoia esta transformación a través de programas como Fábrica Intelixente e Sostible, o Programa de impulso á innovación nas pemes, os Hubs de Innovación Dixital ou a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na xornada en liña Competitividad y digitalización: una hoja de ruta para nuestra industria organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

Argerey sinalou que o proceso de reactivación económica no que nos atopamos debe ir acompañado da transformac …

Conde avanza que dez candidaturas optan a ser socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos

13/09/2021

  • Explica que o lanzamento da convocatoria para seleccionar novas empresas tractoras que acompañen á Xunta neste proxecto pioneiro é unha das 30 actuacións contempladas na nova Estratexia 2021-2025 do Polo Aeroespacial de Galicia
  • Cun orzamento de 40M€, a previsión é asinar entre catro e oito acordos de asociación para desenvolver arredor de 80 proxectos de I+D
  • Subliña que o grao de interese que esperta o Polo de Rozas demostra que a industria aeronáutica confía en Galicia

Vigo, 13 de setembro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), xa recibiu un total de dez propostas para ser novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Gal …

A Xunta avanza na estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027 coas achegas do Consello Económico e Social de Galicia

10/09/2021

  • Despois dun proceso participativo con máis de 600 propostas, continúa o proceso colaborativo para identificar as tendencias, desafíos, oportunidades, nichos de prioridade e obxectivos preliminares sobre os que pivotará a nova estratexia
  • O obxectivo é acadar o maior grao de implicación do tecido empresarial, centros de coñecemento, Administración e sociedade civil para marcar o modelo económico, industrial e social de Galicia

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nunha sesión da Comisión sectorial nº 1 do Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia) para presentar os avances realizados no proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galici …

A Xunta pon en marcha o programa doutoramento industrial para apoiar a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos onde desenvolverán a súa tese

09/09/2021

  • Feijóo resalta que estará dotado con 1,9 millóns de euros que se destinarán a sufragar os gastos de contratación, os gastos ligados ao proxecto e os apoios para realizar estadías de tres meses no estranxeiro

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación no Consello da Xunta da primeira convocatoria do Programa Doutoramento industrial, dotado con 1,9 millóns de euros, para apoiar a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos onde desenvolverán a súa tese.

Ademais de estar matriculados nun programa de doutoramento nalgunha das universidades galegas os estudantes deberán ter un director de tese vencellado a este programa e realizar un proxecto de investigación que favor …

O polo aeroespacial de Galicia xerou máis de 26 M€ de negocio entre as 28 pemes galegas participantes

07/09/2021

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou en Lugo a empresa 3edata Ingeniería Ambiental, que participou en varios proxectos do Polo
  • Na provincia lucense, as pemes que colaboraron coa iniciativa desde 2015 alcanzaron unha facturación de 14,5M€
  • O Goberno galego ten aberta a licitación para a selección de entre catro e oito socios estratéxicos e tecnolóxicos para o Polo para os próximos cinco anos e outra para o desenvolvemento de solucións innovadoras para un entorno de simulación U-Space

Lugo, 7 de setembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou en Lugo a empresa de base tecnolóxica 3edata Ingeniería Ambiental, nacida da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e dedicada a tecnol …

Publicada a licitación para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador avanzado de xestión do tráfico aéreo

03/09/2021

  • Realízase por parte do CDTI en colaboración coa Xunta de Galicia e conta cun orzamento de 13M€
  • O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 23 de setembro
  • O obxectivo é acadar solucións tecnolóxicas que faciliten as operacións dos vehículos aéreos non tripulados en espazos aéreos compartidos con outros usuarios
  • Contribuirá a ampliar o mercado de usos civís dos vehículos non tripulados e a acelerar a xeración de actividade económica e industrial deste sector

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021.- A Xunta informa de que colabora co Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI) do Ministerio de Ciencia e Innovación na licitación de Compra Pública Precomercial para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun entorno de sim …

A Xunta impulsa o Observatorio da Industria Aeroespacial en colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego

02/09/2021

  • Feijóo sinala que o obxectivo deste instrumento é fomentar a elaboración de estudos científicos, crear un espazo común de acceso ao coñecemento na materia; estudar e definir as tendencias nacionais e internacionais, realizar actos de difusión de resultados, compilar e divulgar estudos de alto nivel e atraer talento científico
  • Explica que esta iniciativa supón a segunda actuación da Estratexia para o Polo Aeroespacial de Galicia ata 2025

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021.- O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recordou que a Xunta de Galicia segue apostando pola internacionalización e dixitalización das empresas galegas nun sector económico emerxente en Galicia como o sector aeroespacial. Neste senso, Feijóo avanzou hoxe a sinatura dun conv …

1 67 68 69 70 72 73 74 75 197