A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
O Carballiño (Ourense), 26 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nunha xornada de networking con empresarios do Carballiño co obxectivo de trasladarlles as principais liñas de actuación da Consellería, que ten activados xa neste primeiro mes preto do 70% dos programas de axudas para este 2016, con convocatorias xa abertas que suman 185 millóns de euros.
No encontro, no que Conde tivo a oportunidade de escoitar as propostas dos participantes, avaliáronse diferentes liñas de actuación conxuntas para seguir a dinamizar a economía local e a creación de emprego de calidade, e neste sentido o conselleiro destacou que máis do 50% das axudas que se veñen de abrir están destinadas á creación de emprego, incentivando a contratación, impulsando a formación, que permite mellorar a calidade do emprego, e potenciando o emprendemento e o respaldo ao autónomo.
O conselleiro sinalou que a economía galega está marcando unha clara situación de recuperación, con índices como a produción industrial ou as exportacións cunha mellor evolución que a media estatal, e subliñou a importancia de apoiar os proxectos do empresariado neste contexto.
Neste sentido, lembrou os apoios por 22 millóns de euros que vén de activar o Igape para impulsar os investimentos empresariais e proxectos da Industria 4.0, destacando que o programa Galicia Inviste permanecerá aberto ao longo do ano, e resaltou tamén a aposta pola internacionalización, con convocatorias abertas nestes momentos por 9,5 millóns de euros.
Abordáronse tamén na reunión os programas á disposición das compañías para impulsar a innovación, entre o que destaca o Conecta Peme, a cuxa terceira convocatoria se destinan 25 millóns de euros.
Outro dos programas, dotado con 9,5 millóns, seis veces máis que o ano pasado, céntrase en promover o aforro e a eficiencia enerxética nos sectores industrial e de servizos. Tamén se veñen de activar diferentes liñas para impulsar o uso da biomasa, cun total de 8,4 millóns,
Conde, que resaltou a importancia do sector comercial na recuperación económica, destacou que se veñen de activar apoios por 5,7 millóns para continuar reforzando o comercio de proximidade galego, con axudas centradas no impulso do asociacionismo, a modernización e no establecemento do smart commerce e o comercio en liña.
No encontro celebrado no Carballiño o conselleiro convidou aos empresarios a empregar as diferentes ferramentas ao seu dispor. A través de distintas liñas de axudas, os últimos anos a Consellería que dirixe Francisco Conde apoiou diferentes iniciativas empresariais e de fomento do emprego no municipio con máis de 8 millóns de euros.