A Xunta anima á cidadanÃa de Ferrolterra a colaborar na elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia
10/10/2021
- “Ares Innova 2021” pechou esta fin de semana as súas actividades cunha xornada dedicada á participación cidadá, con talleres, exposicións, charlas e faladoiros
- Durante as dúas últimas semanas, expertos en deseño estratéxico e innovación social traballaron coa comunidade local para desenvolver o proxecto RuralLab Ferrolterra, destinado a buscar solucións compartidas a retos sociais, económicos e ambientais
Ares (A Coruña), 10 de outubro de 2021.- Ares Innova 2021 celebrou esta fin de semana a súa última xornada, na que a participación cidadá foi a gran protagonista co obxectivo de achegar a cultura innovadora a públicos de todas as idades. A Xunta de Galicia, a través da directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, que se achegou ata Ares o sà ...


