Román Rodríguez anima ao sector privado a investir en ciencia para reforzar a I+G+I
12/02/2026
- A Xunta impulsa, a través do Plan galego de I+D+i, ferramentas para consolidar o papel de Galicia como polo de atracción de investimento científico e tecnolóxico
- Este encontro, que reúne a uns 200 participantes, amosa políticas e iniciativas para reforzar a ciencia e a innovación
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na clausura do IV encontro Investir en ciencia si é rendible, organizado por Unirisco e Xesgalicia. Unha xornada que permite a persoal investigador, empresas e investidores ”intercambiar experiencias e debater visións sobre os desafíos de futuro da nosa I+G+i”, sinalou o representante da Xunta, quen remarcou que investir en ciencia “non só é rendible …


