Novas

A Xunta salienta o papel do Cesga como colaborador no ecosistema de I+D+i e os sectores estratéxicos da economía galega na actual transición dixital

29/10/2021

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, onde o Centro de Supercomputación de Galicia resultou premiado na categoría de Iniciativa da Administración polo seu proxecto Quantum Computing
  • Conde resalta que Galicia conta coa infraestrutura de vangarda necesaria para impulsar o Polo de tecnoloxías cuánticas que sitúe á Comunidade como un referente neste campo a nivel estatal
  • Subliña o papel da tecnoloxía inclusiva ao contribuír ao progreso económico e ao benestar das persoas, construíndo así a Galicia intelixente e sostible da próxima década

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro d …

A Xunta presenta na feira de drons máis importante do sur de Europa o Polo Aeroespacial de Galicia

27/10/2021

  • O Polo Aeroespacial de Galicia ten contribuído a mobilizar 164 millóns de euros de investimento público-privado, a empregar a máis de 900 profesionais e a poñer 60 solucións tecnolóxicas e produtos no mercado no período 2015-2020
  • Na nova etapa, o Polo aspira a consolidar a súa pegada industrial ao redor do sector aeroespacial coa creación de 24 novas empresas

Madrid, 27 de outubro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Madrid nunha mesa redonda sobre a proposta de Plan Estratéxico Aeroespacial Nacional, no marco do congreso World ATM Congress, a principal conferencia a nivel mundial sobre xestión do tráfico aéreo, e Expodrónica, a feira de drons máis importante no sur de Europa, que se están a celebra …

Galicia impulsa un programa específico por 12M€ para axudar a 15000 pemes e microempresas a investir en innovación

26/10/2021

  • O foco dos apoios estará posto nas empresas con potencial para innovar pero que aínda non o fixeron, así como nas situadas en núcleos non urbanos
  • Unha das iniciativas do programa é Camiño da Innovación, un servizo de atención ás pemes e unha exposición itinerante con 18 etapas que percorrerá toda Galicia e que arrincará o vindeiro 5 de novembro en Vilalba
  • Conde subliña que a innovación é a esencia da competitividade futura do tecido empresarial galego xa que determina a súa capacidade para diferenciarse, achegar valor, adaptarse ao contorno e crecer

Lugo, 26 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou esta mañá en Lugo un novo programa de impulso á innovación ao que a Xunta destin …

A Xunta presenta en Ifema o Polo Aeroespacial de Galicia no principal congreso a nivel mundial sobre xestión de tráfico aéreo

25/10/2021

  • A Axencia Galega de Innovación participa na feira Expodrónica e o World ATM Congress cun stand do Polo Aeroespacial, un espazo no programa do congreso para a presentación das solucións desenvolvidas no marco da iniciativa e a participación na mesa redonda sobre propostas para a Estratexia Aeroespacial Nacional
  • O Goberno galego asiste ao evento acompañado das principais compañías implicadas no Polo, as cales presentarán os seus resultados no marco da iniciativa

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), estará presente desde mañá, 26 de outubro, ata o xoves 28 na feira Expodrónica, o maior evento de drons do Sur de Europa, que nesta edición se une ao World ATM Congress, a principal conferencia a n …

A innovación galega en tecidos técnicos ofrece respostas aos retos de industrias como a automoción e a acuicultura

23/10/2021

  • A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, celebrou esta semana un novo workshop online sobre materiais innovadores no marco da Materioteca de Galicia
  • Os participantes puideron ter acceso a un estudo estratéxico no que se analizan as posibilidades de materiais como o cemento flexible, un téxtil que absorbe o aceite e repele a auga, tecidos capaces de mitigar explosións, telas repelentes de insectos, coiro elaborado con coco e fío de plástico reciclado
  • Representantes de Grupo Chicolino, Copo e a empresa Signus presentaron os seus proxectos innovadores sobre tecidos industriais con aplicacións en sectores como a miticultura e a pesca

Ferrol (A Coruña), 23 de outubro de 2021.- As iniciativas innovadoras das empresas e dos centros de coñecemento galegos para …

A Xunta anima ao tecido produtivo a aproveitar as oportunidades que ofrece a innovación no actual contexto de recuperación económica

21/10/2021

  • O Goberno galego está a definir actualmente a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027 na que a transición medioambiental e dixital e a orientación ás persoas serán prioritarias
  • Argerey destaca a importancia dos fondos europeos Next Generation para garantir un crecemento empresarial sustentable a longo prazo e comprometido cos desafíos globais

A Coruña, 21 de outubro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, asegurou hoxe na Coruña que, no novo contexto de recuperación económica, o tecido produtivo afronta un proceso de transformación no que a I+D+i é clave, polo que instou ás empresas a aproveitar as oportunidades ligadas a esta nova realidade para garantir un crecemento sostido e sostible a futur …

A Xunta colabora con 12,2M€ para que Stellantis Vigo teña unha gama completamente electrificada en 2025

20/10/2021

  • Cun investimento total de 22,3M€, Facendo 4.0 é un proxecto orientado ao desenvolvemento da fábrica do futuro, que inclúe unha ambiciosa estratexia de electrificación de cara ao próximo lustro e prevé a creación de 50 postos de traballo
  • Conde subliña que a transferencia de coñecemento é unha constante que fai da automoción galega, co Grupo Stellantis á cabeza, un referente en innovacións relacionadas co vehículo do futuro: eléctrico, autónomo e conectado

Vigo, 20 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe o alcance do proxecto que lidera Stellantis Vigo xunto con CTAG, Aimen, Gradiant e a Universidade de Vigo, para seguir avanzando no vehículo eléctrico, que conta cunha achega d …

A Xunta destina 27,4 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para a consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia

19/10/2021

  • O obxectivo do Goberno galego é afianzar a pegada industrial do polo, impulsar a comercialización de novos produtos e crear emprego cualificado
  • Conde destaca que a Aula Newton implantada na Tecnópole espertará na mocidade o interese por actividades con gran demanda no futuro como o aeroespacial
  • A iniciativa, dirixida a estudantes de 14 a 16 anos de toda Galicia, está impulsada por Boeing e First Scandinavia en colaboración co Goberno galego e o Parque Tecnolóxico de Galicia para achegar aos máis novos ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM)

San Cibrao das Viñas (Ourense), 19 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe a aposta da Xunta de Galicia no desenvo …

A Xunta difunde o potencial innovador dos tecidos industriais creados por empresas galegas

17/10/2021

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2021.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), organiza o vindeiro venres, 22 de outubro, un novo workshop online sobre materiais innovadores con capacidade para contribuír á competitividade empresarial. Nesta ocasión, estará centrado nos tecidos industriais, que presentan características funcionais e técnicas de alto rendemento que van máis alá de aspectos estéticos.

O encontro, organizado no marco da Materioteca de Galicia, comezará coa presentación dun estudo estratéxico sobre oportunidades de negocio baseadas neste tipo de tecidos, elaborado pola empresa especializada Materially. Nel recóllense materiais con funcionalidades que cubren desde a protección contra altas temperaturas, cortes, radiacións ...

A Xunta destaca que a Marca Galicia avala o esforzo do tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño

16/10/2021

  • Conde salienta que o deseño xoga un papel transformador na competitividade empresarial e no benestar social
  • Subliña que o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 busca xerar un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico de Galicia
  • Apunta que a convocatoria de axudas do programa DeseñaPeme, con apoios de entre 5000 e 100.000 euros para que pemes e microempresas incorporen o deseño, recibiu 80 solicitudes

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a Marca Galicia é o reflexo e o resultado do esforzo que está a facer o tecido empresarial galego por incorporar a innovación e o deseño como valor en …

1 65 66 67 68 70 71 72 73 197