A Xunta anima ás pemes da comarca da Coruña a innovar para ser competitivas e medrar
10/11/2021
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Bergondo na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia
- O obxectivo desta xira é difundir as vantaxes de innovar entre as pemes situadas fóra dos núcleos urbanos para que se converta na esencia da súa competitividade
Bergondo (A Coruña), 10 de novembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou hoxe en Bergondo que “a innovación non é só cousa das grandes empresas, senón que está ao alcance de todas, con independencia do seu tamaño, localización ou sector” e que “esta constitúe un factor clave para ser competitivas no mercado e facer fronte aos retos globais”.
A directora da Axencia, que inte …


