A Xunta difunde as vantaxes de innovar entre as pemes de Ponte Caldelas a través da iniciativa "Camiño da Innovación"
18/11/2021
- A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, participou hoxe no municipio pontevedrés neste proxecto no que se contou coa experiencia de Algas Atlánticas Algamar e Kiwi Atlántico
- O obxectivo desta xira é impulsar a innovación nas pequenas e medianas empresas situadas fóra dos núcleos urbanos para mellorar a súa competitividade
Ponte Caldelas (Pontevedra), 18 de novembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, apuntou hoxe en Ponte Caldelas, no marco da iniciativa Camiño da innovación, que a innovación está ao alcance de todas as empresas, e instou ás pemes das comarcas do Morrazo, Salnés, Pontevedra e Vigo a innovar para ser competitivas, xa que a innovación determina a capacidade para dife …


