Novas

Conde destaca a aposta de CIMAlab pola innovación e o talento, o que lle supón unha vantaxe competitiva

04/10/2021

  • Apunta que CIMALab é o único Servicio Técnico Oficial de legalización de reformas e homologación de vehículos en Galicia designado, tamén, como Servizo Técnico Europeo
  • Multiplica por catro a superficie dispoñible e alberga a segunda catapulta inversa máis grande de Europa para facer probas de choque de vehículos

Nigrán (Pontevedra), 4 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe a aposta de CIMALab pola innovación e o talento, o que lle supón unha vantaxe competitiva posto que é o único Servicio Técnico Oficial de legalización de reformas e homologación de vehículos en Galicia designado, tamén, como Servizo Técnico Europeo.

Conde visitou as novas instalacións deste centro en ...

A Xunta presenta o proxecto piloto que permitirá levar a innovación rural e social a toda Galicia

01/10/2021

  • O proxecto RuralLab para a zona de Ferrolterra nace como precursor das iniciativas de innovación baseadas na participación cidadá que se estenderán ás outras tres provincias galegas
  • Argerey agradeceu a implicación de expertos en deseño estratéxico e innovación social e colectivos sociais para que a innovación feita en Galicia sexa un vector de impacto na vida das persoas

Ares (A Coruña), 1 de outubro de 2021.- A Xunta de Galicia desenvolverá catro proxectos de innovación social e rural baixo o nome de RuralLab, nos que a participación cidadá será un elemento prioritario. O primeiro deles, que se está a levar a cabo de xeito piloto no concello coruñés de Ares, presentouse hoxe no marco do Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021, un evento que continuará maà ...

A Xunta achega 11,6M€ ao Cesga para poñer en marcha as primeiras actuacións do polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia

30/09/2021

  • O Consello deu luz verde, esta mañá, á sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga) para financiar o despregamento dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información que permita impulsar a I+D+i
  • O proxecto ten como obxectivo facilitar a recuperación no marco do contexto actual e apoiar a transición dixital dos sectores produtivos e de coñecemento galegos
  • As tecnoloxías cuánticas actuarán como elemento disruptivo que acelerará o desenvolvemento económico grazas ás súas aplicacións en medicina, medio natural, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción ou loxística, entre outras disciplinas
  • O novo supercomputador Finisterrae III, apoiado pola Xunt …

A Xunta amosa a fortaleza do sector biotecnolóxico galego na Feira Biospain en Navarra

29/09/2021

  • Unha delegación local formada polos clústeres de Saúde e Ciencias da Vida, as tres universidades galegas e a propia Administración autonómica participan desde o pasado luns neste evento de referencia a nivel europeo
  • No marco da iniciativa tivo lugar o encontro Galicia Bio Event para dar visibilidade ao ecosistema de innovación biotech na Comunidade

Pamplona (Navarra), 29 de setembro de 2021.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), está a participar e colaborar coa feira Biospain, un dos eventos de referencia do sector biotecnolóxico en Europa. A Administración autonómica forma parte da delegación do sector galego –coa representación de Gain e a Axencia de Coñecemento en Saúde (Acis)–, xunto aos clústeres de Saúde e de Ciencias da Vid …

A Xunta celebra o Festival Ares Innova 2021 para achegar a cultura innovadora a todos os públicos

29/09/2021

  • Comezará este venres 1 de outubro e continuará o sábado 2 e o venres 9 en Montefaro, Redes e Ares
  • A iniciativa busca implicar á comunidade local na busca de solucións compartidas a retos sociais, económicos e medioambientais a través dun modelo que será extrapolado a outros territorios de Galicia
  • As dinámicas de participación cidadá para a innovación social son un dos eixes da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia no período 2021-2027

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021.- A Xunta de Galicia organiza durante as dúas próximas fins de semana no concello de Ares o Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021, que busca achegar a cultura da innovación a públicos de todas as idades. O evento convertirá á vila coruñesa nun laborator …

A Xunta colabora con Boeing na posta en marcha na Tecnópole da súa primeira aula permanente de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas

29/09/2021

  • A ‘Aula Newton’, que demostrou o seu éxito en Noruega, Dinamarca e Escocia, instalarase en San Cibrao das Viñas e está dirixida a estudantes de 14 a 16 anos de toda Galicia
  • A colaboración do Goberno galego neste proxecto enmárcase no programa de vocacións do Polo Aeroespacial de Galicia
  • A inscrición para os centros de ensino secundario de Galicia interesados xa está aberta

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021.- A Xunta de Galicia colabora coa empresa Boeing e a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia na posta en marcha no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas da primeira Aula Newton de España. Trátase dunha grande oportunidade para que estudantes de entre 14 e 16 anos se acheguen ás materias de ciencia, tecnoloxía, ...

Conde acompaña ao embaixador británico en España na súa visita ao Polo Aeroespacial de Galicia

27/09/2021

Castro de Rei (Lugo), 27 de setembro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañou esta tarde ao embaixador do Reino Unido en España, Hugh Elliot, durante a súa visita ao Polo Aeroespacial de Galicia.

Durante o encontro, ambos percorreron as instalacións do aeródromo de Rozas entre as que se atopan as da multinacional británica Babcock –un dos tres socios estratéxicos do Polo xunto con Indra e Boeing–, que está a traballar nunha vintena de solucións, como a plataforma Lua, orientada a tarefas como a loita contra incendios, vixilancia, control de costas ou atención sanitaria no Camiño de Santiago. Cabe destacar que Babcock elixiu Rozas para implantar o seu único centro vinculado á actividade dos vehícul …

A Xunta recoñece no evento G-Night o relevante papel do persoal investigador na sociedade

24/09/2021

  • A iniciativa celébrase en Galicia de xeito simultáneo nas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo e en máis de 360 localidades de toda Europa
  • O Goberno galego apoia este evento no marco das iniciativas de divulgación da ciencia e de fomento das vocacións científicas entre a mocidade

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, visitou esta tarde as actividades que se desenvolveron no Vello Cárcere de Lugo no marco da Noite europea das persoas investigadoras (G-Night). Esta cita, que se celebra simultaneamente nas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo e, a nivel europeo, en máis de 360 localidades, forma parte dunha i …

A Xunta salienta que a colaboración co Inta permitirá consolidar tecido industrial e crear emprego cualificado en torno ao polo aeroespacial de Galicia

22/09/2021

  • Conde destaca que, froito desa cooperación, o Polo Aeroespacial de Galicia conta cunha infraestrutura de primeiro nivel que é o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)
  • Asegura que a asignación dos fondos europeos por parte do Goberno debe supoñer o salto de calidade que consolide este proxecto
  • Expresa a súa confianza en que se poidan materializar as boas sensacións recibidas ata o de agora coas dez propostas que se presentaron á convocatoria da Xunta para ser futuros socios industriais do Polo Aeroespacial 2025

Castro de Rei (Lugo), 22 de setembro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a colaboración do Instituto Nacional de Técnica Aeropespacial (Inta) no Polo Aeroespacial d …

Congalsa avanza na implantación dun modelo de produción intelixente no sector da alimentación co apoio da Xunta de Galicia

22/09/2021

  • A empresa da Pobra do Caramiñal está a desenvolver o proxecto no marco do programa Fábrica Intelixente e Sostible do Goberno galego
  • O obxectivo é acometer un proceso de reorientación da organización cara a un modelo de fábrica intelixente a través da dixitalización dos procesos, co apoio do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia-Gradiant
  • A Administración autonómica ten apoiado xa con esta iniciativa 24 proxectos de I+D+i estratéxicos aliñados coa Industria 4.0, cunha axuda conxunta de preto de 73 millóns de euros

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na xornada online de presentación de obxectivos e resultados do proxecto Congals4.0: Deseño e desenvo …

1 62 63 64 65 67 68 69 70 193