Novas

A Xunta presenta en Ifema o Polo Aeroespacial de Galicia no principal congreso a nivel mundial sobre xestión de tráfico aéreo

25/10/2021

  • A Axencia Galega de Innovación participa na feira Expodrónica e o World ATM Congress cun stand do Polo Aeroespacial, un espazo no programa do congreso para a presentación das solucións desenvolvidas no marco da iniciativa e a participación na mesa redonda sobre propostas para a Estratexia Aeroespacial Nacional
  • O Goberno galego asiste ao evento acompañado das principais compañías implicadas no Polo, as cales presentarán os seus resultados no marco da iniciativa

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), estará presente desde mañá, 26 de outubro, ata o xoves 28 na feira Expodrónica, o maior evento de drons do Sur de Europa, que nesta edición se une ao World ATM Congress, a principal conferencia a n …

A innovación galega en tecidos técnicos ofrece respostas aos retos de industrias como a automoción e a acuicultura

23/10/2021

  • A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, celebrou esta semana un novo workshop online sobre materiais innovadores no marco da Materioteca de Galicia
  • Os participantes puideron ter acceso a un estudo estratéxico no que se analizan as posibilidades de materiais como o cemento flexible, un téxtil que absorbe o aceite e repele a auga, tecidos capaces de mitigar explosións, telas repelentes de insectos, coiro elaborado con coco e fío de plástico reciclado
  • Representantes de Grupo Chicolino, Copo e a empresa Signus presentaron os seus proxectos innovadores sobre tecidos industriais con aplicacións en sectores como a miticultura e a pesca

Ferrol (A Coruña), 23 de outubro de 2021.- As iniciativas innovadoras das empresas e dos centros de coñecemento galegos para …

A Xunta anima ao tecido produtivo a aproveitar as oportunidades que ofrece a innovación no actual contexto de recuperación económica

21/10/2021

  • O Goberno galego está a definir actualmente a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027 na que a transición medioambiental e dixital e a orientación ás persoas serán prioritarias
  • Argerey destaca a importancia dos fondos europeos Next Generation para garantir un crecemento empresarial sustentable a longo prazo e comprometido cos desafíos globais

A Coruña, 21 de outubro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, asegurou hoxe na Coruña que, no novo contexto de recuperación económica, o tecido produtivo afronta un proceso de transformación no que a I+D+i é clave, polo que instou ás empresas a aproveitar as oportunidades ligadas a esta nova realidade para garantir un crecemento sostido e sostible a futur …

A Xunta colabora con 12,2M€ para que Stellantis Vigo teña unha gama completamente electrificada en 2025

20/10/2021

  • Cun investimento total de 22,3M€, Facendo 4.0 é un proxecto orientado ao desenvolvemento da fábrica do futuro, que inclúe unha ambiciosa estratexia de electrificación de cara ao próximo lustro e prevé a creación de 50 postos de traballo
  • Conde subliña que a transferencia de coñecemento é unha constante que fai da automoción galega, co Grupo Stellantis á cabeza, un referente en innovacións relacionadas co vehículo do futuro: eléctrico, autónomo e conectado

Vigo, 20 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe o alcance do proxecto que lidera Stellantis Vigo xunto con CTAG, Aimen, Gradiant e a Universidade de Vigo, para seguir avanzando no vehículo eléctrico, que conta cunha achega d …

A Xunta destina 27,4 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para a consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia

19/10/2021

  • O obxectivo do Goberno galego é afianzar a pegada industrial do polo, impulsar a comercialización de novos produtos e crear emprego cualificado
  • Conde destaca que a Aula Newton implantada na Tecnópole espertará na mocidade o interese por actividades con gran demanda no futuro como o aeroespacial
  • A iniciativa, dirixida a estudantes de 14 a 16 anos de toda Galicia, está impulsada por Boeing e First Scandinavia en colaboración co Goberno galego e o Parque Tecnolóxico de Galicia para achegar aos máis novos ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM)

San Cibrao das Viñas (Ourense), 19 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe a aposta da Xunta de Galicia no desenvo …

A Xunta difunde o potencial innovador dos tecidos industriais creados por empresas galegas

17/10/2021

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2021.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), organiza o vindeiro venres, 22 de outubro, un novo workshop online sobre materiais innovadores con capacidade para contribuír á competitividade empresarial. Nesta ocasión, estará centrado nos tecidos industriais, que presentan características funcionais e técnicas de alto rendemento que van máis alá de aspectos estéticos.

O encontro, organizado no marco da Materioteca de Galicia, comezará coa presentación dun estudo estratéxico sobre oportunidades de negocio baseadas neste tipo de tecidos, elaborado pola empresa especializada Materially. Nel recóllense materiais con funcionalidades que cubren desde a protección contra altas temperaturas, cortes, radiacións ...

A Xunta destaca que a Marca Galicia avala o esforzo do tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño

16/10/2021

  • Conde salienta que o deseño xoga un papel transformador na competitividade empresarial e no benestar social
  • Subliña que o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 busca xerar un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico de Galicia
  • Apunta que a convocatoria de axudas do programa DeseñaPeme, con apoios de entre 5000 e 100.000 euros para que pemes e microempresas incorporen o deseño, recibiu 80 solicitudes

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a Marca Galicia é o reflexo e o resultado do esforzo que está a facer o tecido empresarial galego por incorporar a innovación e o deseño como valor en …

A Xunta lanza a convocatoria de axudas para o programa de Doutoramento Industrial

12/10/2021

  • A iniciativa, que conta cun orzamento de 1,9M€ no marco do compromiso do Goberno autonómico co talento e o emprego de calidade, está impulsada pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
  • Ten como obxectivo favorecer a contratación de 15 estudantes do sistema universitario galego en empresas e centros tecnolóxicos de Galicia para que poidan desenvolver a súa tese
  • As axudas van dirixidas tanto a empresas e centros de innovación e tecnoloxía como ás universidades galegas e inclúen custos de contratación, así como apoios para estadías no estranxeiro

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2021.- A Xunta de Galicia vén de abrir a convocatoria de axudas do programa de Doutoramento In …

A Xunta anima á cidadanía de Ferrolterra a colaborar na elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia

10/10/2021

  • “Ares Innova 2021” pechou esta fin de semana as súas actividades cunha xornada dedicada á participación cidadá, con talleres, exposicións, charlas e faladoiros
  • Durante as dúas últimas semanas, expertos en deseño estratéxico e innovación social traballaron coa comunidade local para desenvolver o proxecto RuralLab Ferrolterra, destinado a buscar solucións compartidas a retos sociais, económicos e ambientais

Ares (A Coruña), 10 de outubro de 2021.- Ares Innova 2021 celebrou esta fin de semana a súa última xornada, na que a participación cidadá foi a gran protagonista co obxectivo de achegar a cultura innovadora a públicos de todas as idades. A Xunta de Galicia, a través da directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, que se achegou ata Ares o sà ...

A Xunta impulsa a creación do grupo de expertos que contribuirá á configuración da nova estratexia RIS3 de Galicia

05/10/2021

  • Conde apunta a que a iniciativa é unha oportunidade para abordar a Galicia do 2030 a través dun modelo intensivo en coñecemento, sostible e pensado por e para as persoas
  • Aposta pola colaboración público-privada para involucrar ao maior número posible de empresas
  • Coa estratexia 2014-2020 concedéronse máis de 6700 axudas para fomentar a innovación e mobilizáronse 1900M€ en investimentos

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na Cidade da Cultura na reunión do grupo de expertos creado para axudar no deseño da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia para o período 2021-2027. Un acto onde apostou pola participación de todos os axente …

1 61 62 63 64 66 67 68 69 193