A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2015.
| Presidencia | Alberto Núñez Feijóo |
|---|---|
| Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza | Alfonso Rueda Valenzuela |
| Consellería de Facenda | Valeriano Martínez García |
| Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio | Beatriz Mato Otero |
| Consellería de Infraestruturas e Vivenda | Ethel Vázquez Mourelle |
| Consellería de Economía, Emprego e Industria | Francisco Conde López |
| Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria | Román Rodríguez González |
| Consellería de Sanidade | Jesús Vázquez Almuíña |
| Consellería de Política Social | José Manuel Rey Varela |
| Consellería do Medio Rural | Ángeles Vázquez Mejuto |
| Consellería do Mar | Rosa Quintana Carballo |
Jesús Vázquez Almuíña naceu en Baiona en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid e ten un Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.
É alcalde de Baiona desde 2004 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003.
Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente do Hospital Meixoeiro de Vigo; e médico do Servizo de Admisión do mesmo hospital. Con anterioridade, foi coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias. Tamén exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.
José Manuel Rey Varela naceu en Ferrol en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e especialista en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School.
Actualmente, é presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e concelleiro no Concello de Ferrol.
Entre os anos 2011 e 2015, exerceu como alcalde de Ferrol, municipio no que é edil desde 2002 e onde tamén foi concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude entre 2003 e 2007. Tamén foi deputado provincial en A Coruña entre os anos 2007 e 2011. Así mesmo, foi presidente do Consello da Xuventude de Ferrol e de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.
Ángeles Vázquez Mejuto naceu en Melide en 1972. Acadou a Licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e cultura.
É alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata a actualidade, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007.
No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de comunicación. Tamén foi deputada provincial en A Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia. Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.