A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago, 25 de setembro de 2015.- O programa Oportunius, promovido pola Consellería de Economía e Industria, logrou xa mobilizar a comunidade investigadora galega para optar a máis financiamento europeo destinado a apoiar a ciencia excelente. A formación especializada que ofrece o programa para aumentar as posibilidades de éxito dos candidatos galegos animou a un número sen precedentes de científicos a preparar as súas propostas, especialmente na modalidade de investigadores novos, as chamadas Starting Grants.
O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, subliñou este dato durante a mesa redonda sobre oportunidades para a ciencia galega nos programas do ERC, celebrada con motivo da visita a Santiago de Compostela do presidente do Consello de Investigación Europeo (ERC), Jean Pierre Bourguignon.
Varela presentou os tres itinerarios contemplados no programa Oportunius para reter e atraer talento investigador excelente capaz de desenvolver liñas punteiras e competitivas a nivel internacional desde Galicia, contribuíndo así de xeito decisivo aos retos establecidos na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) e na Axenda da Competitividade Industrial Galicia- Industria 4.0.
O primeiro está destinado a investigadores que xa lograron unha ERC, aos que se lles proporciona un marco laboral estable a través dun contrato indefinido por parte da Xunta, ao que se suma un apoio económico adicional supeditado a avaliacións periódicas. O segundo dos itinerarios préstalle apoio a científicos con gran proxección para que preparen a súa primeira candidatura a estas bolsas. Por último, existe unha liña de actuación específica de apoio a investigadores que quedaran finalistas en anteriores convocatorias ERC para que se poidan volver presentar con maiores garantías.
O director da Gain lembrou que onte mesmo se autorizou no Consello da Xunta o investimento de 250.000 euros nesta última liña de actuación. A Universidade de Santiago de Compostela, con dous finalistas nas Starting Grants e outro nas Consolidator Grants, recibirá 150.000 euros para reforzar o financiamento das súas liñas de investigación. As Universidades de Vigo e da Coruña recibirán 50.000 euros para cada un dos seus finalistas, no primeiro caso un candidato ás Consolidator Grants e no segundo ás Starting Grants.
A fórmula para reter a investigadores beneficiarios dunha bolsa ERC púxose xa en práctica con Diego Martínez, recoñecido no 2013 como o mellor físico mozo europeo de partículas, que tras conseguir unha Starting Grant se beneficiará do programa Oportunius para levar a cabo en Galicia o seu proxecto de investigación, dotado con 1,5 millóns de euros pola UE.