Conde destaca a innovación enerxética como ferramenta clave para loitar contra o cambio climático

2015-09-23
  • O conselleiro de Economía e Industria participou na xornada de apertura da 41ª reunión da Sociedad Nuclear Española, que se celebra na Coruña e que converterá á cidade galega no centro do debate enerxético español durante o próximos tres días
  • Salienta a necesidade dun mix enerxético que reduza as emisións de CO2, e nese senso subliña a contribución galega a estes esforzo, cun 60% da súa produción de orixe renovable
  • Subliña que o Gas Natural Licuado e a as renovables están chamados a xogar un papel clave no escenario enerxético galego

A Coruña, 23 de setembro de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a innovación enerxética como a ferramenta clave para a loita contra o cambio climático a través da redución das emisións de dióxido de carbono. Conde participou na xornada de apertura da 41ª reunión da Sociedad Nuclear Española, que se celebra na Coruña e que converterá á cidade galega no centro do debate enerxético español durante os próximos tres días.

O conselleiro incidiu na importancia de reducir as emisións contaminantes a partir o próximo Cumio de París, fronte aos riscos do cambio climático como os expostos polo Informe Stern, que cuantificaba no 20% do PIB global o custo de non actuar contra este fenómeno. Conde defendeu un recorte de emisións a longo prazo a través da innovación no ámbito enerxético, e apuntou que Galicia é moi consciente da necesidade de “cómo a nivel global traballamos para reducir os efectos do cambio climático e polo tanto como podemos desenvolver as tecnoloxías adecuadas” no eido renovable, unha enerxía que xa supón o 60% da produción galega.

Conde resaltou que Galicia aborda esa busca desde o convencemento de que eses novos avances só se poden alcanzar mediante proxectos de innovación aberta, isto é, unha innovación público-privada que una a empresas, centros tecnolóxicos, universidade e administración. Un compromiso que se traduce no apoio do Goberno galego a 34 proxectos a través de programas de innovación enerxética, cos que a Xunta está a atraer a multinacionais de eido enerxético como Repsol ou Gas Natural Unión Fenosa a innovar en Galicia en eidos como as renovables ou o gas natural licuado.

Precisamente, Conde resaltou que a estratexia enerxética de aposta polas renovables se completa cun impulso ao Gas Natural Licuado, a través dun hub que impulsa o uso deste combustible tanto como combustible de buques como eixo da seguridade enerxética galega.