A Xunta difunde as vantaxes de innovar entre as pemes da comarca do Xallas a través da iniciativa Camiño da innovación
16/11/2021
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Santa Comba neste proxecto que está a percorrer toda Galicia para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas situadas fóra dos núcleos urbanos
- No que vai de xira, ofrecéronse un total de 75 asesoramentos, contouse coa asistencia de 200 persoas e difundíronse 16 casos de pemes innovadoras
Santa Comba (A Coruña), 16 de novembro de 2021.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, apuntou hoxe en Santa Comba que “as pemes e microempresas son o motor da economía galega e, por iso, son unha prioridade para a Xunta de Galicia”, no marco da iniciativa Camiño da innovación. Neste sentido, salientou a posta en marcha, por parte do Goberno gale …


