A Xunta destaca que Smartiago permite xa avanzar na prestación de servizos innovadores á cidadanía de Santiago
10/03/2022
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou xunto con responsables do Concello de Santiago algunhas das actuacións realizadas dentro desta iniciativa que conta co apoio da Administración autonómica
- Trátase dun proxecto de compra pública de innovación centrado na busca de solucións tecnolóxicas para mellorar a mobilidade, a xestión dos residuos sólidos urbanos e a iluminación ornamental do patrimonio histórico
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou hoxe xunto con responsables do Concellos de Santiago de Compostela algunhas das actuacións xa realizadas dentro do proxecto de compra pública de innovación Smartiago, que conta co apoio da Xunta de Galicia. ...


