Novas

Unha delegación peruana visita a Axencia Galega de Innovación para coñecer experiencias de valor na xestión da I+D+i

25/03/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, recibiu a 15 persoas da rexión de Tacna, que se interesaron pola Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e as diferentes accións da Xunta para impulsar a innovación


Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, recibiu esta semana a unha delegación da rexión peruana de Tacna interesada en coñecer as políticas públicas de innovación de Galicia e a articulación do sistema galego de I+D+i, buscando así mesmo oportunidades de cooperación internacional neste ámbito.

O encontro prodúcese no marco do Plan de Desenvolvemento do Ecosistema Rexional de Investigación de Tacna, dentro do cal están a realizar visitas de estudo para co …

A Xunta xa ten en execución 84 millóns de euros de fondos públicos no Polo Aeroespacial 2025

21/03/2022

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta que a colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego é unha peza fundamental na Estratexia do Polo Aeroespacial para os próximos anos
  • Nove empresas e consorcios aspiran a converterse nos novos socios estratéxicos da Xunta mediante unha licitación que vén de incrementar o seu orzamento ata os 52,3 millóns de euros

Vigo, 21 de marzo de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe, durante a súa participación en Vigo na asemblea xeral do Consorcio Aeronáutico Galego, que xa están en execución 84 millóns de euros de fondos públicos no Polo Aeroespacial, dentro da nova estratexia aprobada o ano pasado e qu …

Galicia ve no Polo de Tecnoloxías Cuánticas unha oportunidade para que a innovación contribúa á recuperación sostible e dixital

18/03/2022

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Madrid na presentación do Plan complementario de I+D+i en comunicacións cuánticas, que suporá un investimento de 9,6M€ en Galicia
  • Subliña que a gran achega da Comunidade é o talento das súas empresas e centros de coñecemento, entre os que se atopan as tres universidades e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga)
  • Sinala que o obxectivo é conseguir un impulso disruptivo das tecnoloxías cuánticas en computación e comunicacións en Galicia para a mellora do coñecemento, o avance da tecnoloxía, e a recuperación económica

Pozuelo de Alarcón (Madrid), 18 de marzo de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Fran …

Galicia ve en Colombia un socio estratéxico para avanzar na cidade das TIC da Coruña e no Polo Aeroespacial

17/03/2022

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Medellín nun foro empresarial sobre o TIC
  • Galicia e Colombia acordan crear un grupo de traballo para explorar vías de colaboración na industria TIC

Medellín (Colombia), 17 de marzo de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na cidade de Medellín nun encontro empresarial do sector TIC no que asegurou que Colombia pode converterse nun socio estratéxico para Galicia en proxectos como o Polo Aeroespacial ou a Cidade das TIC da Coruña.

Tal e como indicou Conde, Galicia quere estreitar lazos con Colombia e por iso acordouse a creación dun comité de traballo para explorar vías …

A Xunta dará continuidade á liña de apoio ás empresas de base tecnolóxica que non obtiveran fondos do Neotec

17/03/2022

  • A directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, anunciou hoxe que a Administración autonómica continuará coas axudas para as compañías galegas avaliadas favorablemente na convocatoria estatal Neotec que non obtiveron financiamento por falta de crédito
  • En 2021 a Administración autonómica apoiou deste xeito 15 empresas tecnolóxicas galegas cun investimento total de 3,35 millóns de euros

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, anunciou esta mañá no marco dunha xornada de presentación das convocatorias Neotec e Neotec Mulleres Emprendedoras, impulsadas polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) a continuidade da liña de apoio da Xunta a proxectos de emprendemen …

A Xunta de Galicia aborda co Goberno colombiano a posibilidade de abrir vías de colaboración no sector naval e aeroespacial

15/03/2022

  • Francisco Conde propón ao viceministro de Defensa de Colombia, Gustavo Niño Furnieles, que unha delegación do país sudamericano visite as instalacións do Centro de Excelencia do Sector Naval (Cesena) en Ferrol e o Polo Aeroespacial de Galicia en Castro de Rei con vistas a abrir futuras vías de intercambio
  • Anima a Colombia a participar en Navalia, que se celebrará en Vigo entre o 24 e 26 de maio, e amosa a predisposición do sector en Galicia a formalizar acordos con estaleiros colombianos

Bogotá (Colombia), 15 de marzo de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe unha xuntanza co viceministro de Defensa do Goberno de Colombia, Gustavo Niño Furnieles, con quen abordou a posibilidade de abrir vías de col …

Conde avalía co novo director do Cesga os novos retos no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas

14/03/2022

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co responsable do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Lois Orosa, que vén de asumir o cargo
  • O Cesga será estratéxico para facilitar a transición dixital dos sectores produtivos e de coñecemento galegos

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co novo director do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Lois Orosa. Na xuntanza avaliaron os novos retos aos que se enfronta o centro, que será estratéxico dentro do Polo de Tecnoloxías Cuánticas, co que se busca consolidar Galicia como referente neste eido.

Co obxectivo de ofrec …

A Xunta impulsa a aceleradora Galicia Avanza, que desde a Tecnópole especializarase na internacionalización das pemes innovadoras

12/03/2022

  • Este novo programa, ao que se destinan 2,24 millóns de euros, porá o foco no fortalecemento no exterior de solucións innovadoras tanto de produtos como de servizos no menor tempo posible para posicionar o tecido empresarial galego no mercado global
  • Contémplanse dúas convocatorias entre este ano e o que vén, co obxectivo de apoiar 60 iniciativas que terán acceso a un programa de oito meses que inclúe asesoramento e mentorización específica, capacitación comercial e técnica

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2022.- A Xunta de Galicia vén de autorizar o convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e o P …

Galicia disporá de 12,3 M€ máis para desenvolver o programa de I+D do Polo Aeroespacial de Galicia

11/03/2022

  • Este investimento obtido pola Xunta a través do Plan Complementario de Biodiversidade súmase aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos na Estratexia Aeroespacial 2021-2025
  • É unha das seis comunidades autónomas participantes neste programa estatal e, xunto con Canarias, a que conta con máis financiamento

Madrid, 11 de marzo de 2022.- Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D no Polo Aeroespacial de Galicia. Aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos, súmanse os 12,34M€ obtidos do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade do Ministerio de Ciencia e Innovación, ligado ao Mecanismo de Recuperación e R …

A Xunta continúa coas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas orientadas ao sector aeroespacial

10/03/2022

  • Mais de 100 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPR A Inmaculada de Lugo participan este mes de marzo nas visitas ao Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) e ao Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas
  • Ademais de poñer en marcha a Aula Newton permanente en Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense) e das visitas de estudantes, organizarase un concurso dirixido a nenos e nenas de infantil e primaria para dar a coñecer os vehículos non tripulados

Castro de Rei (Lugo), 10 de marzo de 2022.- Máis dun cento de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPR A Inmaculada de Lugo (Maristas) coñecerán de preto este mes de marzo o traballo que se realiza no eido dos vehículos non tripulados no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) así como nas instalacións das …

1 57 58 59 60 62 63 64 65 197