A Xunta anima en Arzúa a que as pemes aposten pola innovación, a dixitalización e a sostibilidade como elementos de diferenciación e competitividade
11/04/2022
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, participaron na xornada Camiño de futuro, que está a difundir en 14 localidades galegas os instrumentos de apoio ás empresas cos que conta a Administración autonómica
- Dentro do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, activaranse este ano apoios por 12M€; no eido da dixitalización, neste segundo trimestre convocaranse axudas por 7M€; e o programa Galicia Emprende contará con 5M€
Arzúa (A Coruña), 11 de abril de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, participaron hoxe en Arzúa na iniciativa Camiño de futuro, posta en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de difundir entre as p …


