Novas

O CiQUS incorpora a un investigador da universidade de Valladolid grazas ao programa Oportunius

28/04/2026

  • O conselleiro de Ciencia recibe a Cristóbal Pérez, que desenvolverá o seu traballo na USC, e agradécelle que elixa Galicia para desenvolver a súa carreira
  • É un dos 25 científicos Oportunius con contrato de Persoal Investigador Distinguido, aos que este ano se unirán seis máis para reforzar a captación de talento

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, recibiu hoxe ao investigador Cristóbal Pérez, que se incorpora ao CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago grazas ao programa Oportunius da Xunta. O representante autonómico gabou a traxectoria do novo científico, que procede da Universidade de Valladolid, e agradeceu …

A Xunta busca posicionar Galicia como territorio de innovación biotecnolóxica internacional

28/04/2026

  • O Executivo autonómico apoia os Galicia Biodays, evento de referencia no ámbito europeo, que reunirá en Vigo a máis de 1000 persoas os días 6 e 7 de maio
  • Xunta e sector traballan nestes momentos na definición da futura Estratexia de excelencia da biotecnoloxía de Galicia 26-30, que será presentada este verán
  • O conselleiro de Ciencia destaca a fortaleza de Vigo e a súa área no sector biotecnolóxico, clave polo seu impacto no progreso económico e social de Galicia

Vigo, 28 de abril de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe en Vigo na presentación das xornadas Galicia Biodays que a Xunta busca posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Neste camiño …

Xunta e CDTI informan sobre as súas liñas de apoio á investigación e innovación en Galicia durante 2026

23/04/2026

  • Trátase de convocatorias abertas ou próximas a facelo como Neotec, infraestruturas de ensaio e experimentación, Misións Ciencia e Innovación Ciencia-Empresa e proxectos colaborativos en biotecnoloxía e tecnoloxías profundas e Vinnovate Galicia

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e a xefa do Departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico a a Innovación dependente, Pilar González, presentaron esta mañá en Santiago de Compostela os principais instrumentos de apoio de ambas entidades á I+D+i neste 2026.

A representante de CDTI, organismo dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, fixo un percorrido polos distintos instr …

A Xunta reúne a científicos de prestixio no consello asesor de I+G+i para reforzar o avance neste campo

16/04/2026

  • Román Rodríguez preside a constitución deste órgano, que asesorará ao executivo para atender os retos en I+G+i e situar a Galicia como referente no ámbito científico
  • Os investigadores que forman o Consello Asesor son Ángel Carracedo, Concepción Paz, Eva Poveda, Minia Manteiga, Senén Barro, Jorge Barrero, Cuqui Siilva, Paloma Domingos, Jesús Lago, Santiago Domínguez, Sara Rodríguez e Sonia Martínez
  • A elaboración da nova Lei de ciencia e innovación de Galicia e a revisión dos ámbitos estratéxicos para a nosa Comunidade son prioridades que abordarán conxuntamente

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026.- A Xunta dá un paso clave para atender os retos da I+G+i e posicionar a nosa Comunidade como referente neste eido coa constitución do Consello Asesor en Invest …

Xunta e UVigo inauguran a maior estación de España para comunicacións espaciais con tecnoloxía cuántica

16/04/2026

  • É a infraestrutura máis potente no país que permitirá conectar coas principais misións europeas e internacionais no espazo con máxima seguridade
  • O conselleiro de Ciencia destaca que se trata dun paso moi importante que permitirá posicionar a Galicia na vangarda do futuro das comunicacións
  • Formará parte dunha rede que se está despregando en Lisboa, Madrid e Barcelona para transmisións cando se lance ao espazo o satélite Eagle-1

Vigo, 16 de abril de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, inaugurou esta mañá xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, a estación óptica terrea para comunicacións cuánticas Antonia Ferrín, a maior de España e que sitúa a Galicia nunha posición de v …

Román Rodríguez destaca o talento de Galicia na investigación e a capacidade para contar a ciencia

15/04/2026

  • O conselleiro participa na entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, de Xornalismo Científico Celia Brañas e de Divulgación Científica 2026

Santiago de Compostela, 15 de abril.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, subliñou o talento de Galicia no ámbito da investigación no acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, de Xornalismo Científico Celia Brañas e de Divulgación Científica 2026, no que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Ademais de científicos que contribúen a situar a investigación galega en postos destacados, resaltou a importancia de contar con voces autorizadas que sexan quen de contar a ciencia e transmitir a magnitude dos a …

O Centro de investigación Mestrelab, referente en biotecnoloxía, consegue atraer 56 científicos

15/04/2026

  • Desde a súa apertura crea 27 empregos e acolle a instalación de nove empresas especializadas, nas que traballan a diario 29 científicos
  • Román Rodríguez destaca a “excelencia en investigación” deste centro punteiro, para cuxa construcción a Xunta investiu 4M€, e o seu papel clave no crecemento da I+G+i
  • Leva rexistradas tamén 35 publicacións científico-técnicas e unha patente europea

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026.- O Centro de Investigación Mestrelab (CIM), referente en biotecnoloxía, conta xa con 56 científicos traballando a diario nas súas instalacións. Desde a súa inauguración en 2024, este centro posto en marcha no ámbito empresarial co apoio da Xunta logrou crear 27 empregos, aos que se suman 29 investigadores de alto nivel das nove empresa …

A unidade mixta de Coren, Sertogal e a Uvigo incorporará tecnoloxías dixitais avanzadas ás granxas

14/04/2026

  • O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, visita a planta do grupo Coren para coñecer a alianza investigadora cun proxecto punteiro no sector avícola de carne
  • A Xunta destina 1,8 M€ a esta unidade mixta de investigación para a UVigo, que impulsará un modelo de produción sustentable, dixitalizado e baseado na saúde e benestar animal
  • É unha das sete novas unidades apoiadas nunha convocatoria dotada con 11 M€ e que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia

Ourense, 14 de abril de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá a planta do grupo Coren en Ourense para coñecer o proxecto de investigación alimentaria no que traballará conxuntamente coa Universidade de Vigo e a empresa Sertogal. Esta nova unidade mi …

Galicia amosa as capacidades do CESGA e o potencial da I+G+i ao ministro para a Transformación Dixital

09/04/2026

  • O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, recibe a Óscar López no Centro de Supercomputación de Galicia, que está reforzando as súas infraestruturas e recursos para converterse nun centro de referencia a nivel internacional

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, recibiu esta mañá ao ministro para a Transformación Dixital e a Función Pública, Óscar López, no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). O percorrido, no que tamén participaron a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e o vicepresidente de Investigación Científica e Técnica do CSIC, José María Martell, serviu para amosarlle ao representante estatal as capacidades da Comunidade galega no eido da I+ ...

O proxecto Interreg Europe PICOBELLO reúne ao seu grupo de interese para avanzar na aplicación da sustentabilidade, estética e inclusión no ámbito local

25/03/2026

  • O coñecemento adquirido no marco deste proxecto poderá aplicarse aos plans locais de I+D+i
  • O obxectivo deste proxecto europeo é mellorar as políticas públicas vinculadas ao desenvolvemento territorial mediante enfoques colaborativos e innovadores, promovendo unha mellor calidade de vida a nivel local

Paderne de Allariz, 25 de marzo de 2026.- O proxecto europeo PICOBELLO (Piloting Collaborative ways to Better Living Locally), no que participa a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia, reuniu a cuarta reunión do grupo de interese local na rehabilitada Estación de Cantoña en Paderne de Allariz, coa colaboración do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE). Na reunión participaron representa …

1 2 3 4 5 7 8 9 10 199