A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago, 24 de xuño de 2015.- A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, reuníronse hoxe en Santiago coa presidenta de Varian Oncology Systems, Kolleen Kennedy, para analizar as prioridades do Sergas na implantación dos equipamentos de alta tecnoloxía e estudar a posibilidade de que a empresa afronte diferentes proxectos de investigación en Galicia.
O Sergas adxudicou á empresa Varian Medical Systems Ibérica o equipamento de radioterapia (lote 3) do expediente de contratación da alta tecnoloxía sanitaria dos hospitais, por un importe de 25.374.325 euros.
No marco da visita institucional da delegación de Varian ao Edificio Administrativo de San Lázaro, os conselleiros de Sanidade e de Economía e Industria estiveron acompañados polo xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa; a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Sonia Martínez Arca; e o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela.
Durante a reunión, abordáronse temas en materia de investigación e innovación de interese para Galicia, así como o modelo de licitación levado a cabo polo Sergas. Un modelo que é a primeira vez que se emprega nunha comunidade autónoma para un equipamento deste volume e que permite a dispoñibilidade de novos equipos e a renovación do seu parque tecnolóxico.
O Sergas trasladou aos responsables de Varian a súa prioridade por dispoñer dos equipos no menor prazo posible.
O contrato da alta tecnoloxía permitirá mellorar a atención á cidadanía, poñer a disposición dos profesionais da saúde as últimas técnicas diagnósticas e terapéuticas, participar en programas de investigación e innovación de ámbito internacional e contar cunha plataforma avanzada de diagnóstico pola imaxe. Implica, pois, a renovación tecnolóxica existente e a incorporación do novo equipamento co obxecto de aumentar a produtividade e a capacidade diagnóstica do Sergas.
Mediante este contrato se dota, entre outras prestacións, do servizo de Radioterapia ao Hospital Lucus Augusti e ao resto dos hospitais públicos do Sergas.