Arredor de 70 estudantes de oito institutos participan no lanzamento de satélites dentro do programa Cansat da Axencia Espacial Europea co apoio da Xunta
28/04/2022
- Durante a xornada de hoxe os alumnos danse cita no Aeródromo de Rozas, onde recrean todas as fases dun proxecto espacial real
- Os gañadores absolutos da fase galega competirán a nivel nacional desta iniciativa
Castro de Rei (Lugo), 28 de abril de 2022.-Arredor de 70 estudantes de oito centros educativos de Galicia danse cita durante a xornada de hoxe nas instalacións do centro de investigación aeroportada de Rozas ( CIAR), para participar na fase galega do certame de proxectos espaciais CanSat, unha competición promovida pola Axencia Espacial Europea na que os alumnos realizan unha simulación dun satélite desde a súa concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos.
A Xunta de Galicia apoia por terceiro ano consecutivo a organización da fase galega des …


