O Cesga suma xa 43 investigacións no seu espazo de datos OneHealth, punto de partida do arranque da primeira fábrica europea de IA en España
2026-07-22
Para impulsar as mellores ideas e proxectos e axudar a convertelos en negocios de éxito, a Xunta de Galicia e mailo Consorcio da Zona Franca convocan a terceira edición da aceleradora de empresas ViaVigo que iste ano abre unha nova sede nas instalacións da Fundación CEL, ViaLugo. coa idea de acoller os novos proxectos xurdidos no norte da Comunidade e, co tempo, chegar a replicar o modelo polas catro provincias e para todos os sectores de actividade baixo o nome de ViaGalicia.
Pola cantidade de recursos que mobiliza esta é unha das aceleradora de empresas e de emprendedores máis potentes de España. A convocatoria aberta até o vindeiro 15 de xullo, procura persoas creativas, innovadoras, comprometidas, con afán de superación e de calquera idade ou sector.
Iste programa de apoio e asistencia a emprendedores está promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da sociedade xestora de dos fondos de capital-risco da Xunta (XesGalicia) e tamén pola sociedade de capital-risco do Consorcio, Vigo Activo. Con esta suma de esforzos, os proxectos seleccionados terán ao seu dispor as infraestruturas precisas para activar a empresa; contarán con profesionais e expertos que lles asesorarán ao longo de todo o proceso, e mesmo finalmente lles prepararán para presentar canda un dos proxectos a investidores privados que poidan aportarlles financiamento e outros recursos.
O Comité Técnico do Programa preseleccionará ata 40 ideas de negocios por cada sede aplicando criterios de innovación, acelerabilidade e investibilidade. Estas 40 ideas se presentarán no “Startup Day” a celebrar en Lugo e Vigo nunhas xornadas nas que se seleccionarán os seguintes 20 mellores proxectos que poderán continuar na fase de Academia de ViaLugo e ViaVigo respectivamente.
Para rematar o proceso, noutra avaliación, sairán os 15 finalistas para a fase de Aceleradora que se celebrará con una única sede en Porto do Molle. Estes 15 finalistas poderán recibir apoios económicos de ata 125.000 euros.
Para inscribirse no programa se teñen habilitado as plataformas viavigo.es e viagalicia.gal onde se facilita toda a información dos diferentes pasos de selección.
A xornada de presentación da nova sede da Aceleradora Viagalicia en Lugo, terá lugar o vindeiro día 8 de Xuño na sede central da CEL sita na Pza. de Santo Domingo 6-8, Planta 2ª, Lugo. Pódese consultar o programa e o formulario de inscrición nesta ligazón
SEDE VIGO:
Centro de Negocios de Porto do Molle
Nigrán
SEDE LUGO:
FUNDACION CEL. Viveiro de Empresas, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar s/n,
Lugo