A Xunta e o CSIC avalían novas oportunidades no eido da investigación e a innovación para superar os retos actuais
07/03/2022
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión esta mañá en Madrid coa presidenta do CSIC, Rosa María Menéndez, para analizar as iniciativas nas que están a colaborar de xeito conxunto
Madrid, 7 de marzo de 2022.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá en Madrid coa presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Rosa María Menéndez. No encontro avaliaron a colaboración institucional que veñen mantendo en diversos proxectos e que permite que a sociedade avance na superación dos retos actuais e, especialmente, en eidos como a investigación e a innovación. Neste sentido subliñou a cooperación estable que a Xu …


