Novas

A Xunta destaca a competitividade do ecosistema galego de innovación no marco europeo

23/06/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, inaugurou hoxe a xornada de presentación das liñas de axuda á I+D+i empresarial da Xunta e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)
  • Salienta que as entidades galegas aumentaron o retorno acadado tanto nos programas europeos como estatais, demostrando a súa competitividade en convocatorias moi exixentes
  • Subliña que Galicia porá en marcha os apoios necesarios para que as empresas galegas, especialmente as pemes, accedan a financiamento estatal e europeo, como os Bonos de Innovación ou o programa Neotec

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou hoxe a competitividade do ecosistema galego de I+D+i no marc …

Galicia posiciónase na feira Expodrónica como referente para investir na industria dos sistemas non tripulados

21/06/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe á presentación da Civil UAVs Initiative neste encontro dentro do World ATM Congress, un dos principais eventos profesionais do sector dos drons
  • Participan representantes de Indra, Babcock, Boeing, e Centum, así como do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e startups que formaron parte da Business Factory Aero (BFAero), como Aeromedia e Aerocámaras

Madrid, 21 de xuño de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argarey, participou hoxe na presentación do Polo Aeroespacial de Galicia que tivo lugar en Expodrónica 2022, feira que se celebra desde hoxe e ata o xoves 23 no marco do World ATM Congress, no recinto feiral Ifema de Madrid, na cal Galicia se posicionou, unha vez máis, com …

A Xunta resalta o exemplo de Robert Langer para as novas xeracións de investigadores e investigadoras

17/06/2022

  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron no acto de entrega da Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ao científico estadounidense, cuxos traballos sentaron as bases para o desenvolvemento de terapias con ARN

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe no acto de entrega da Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a Robert Langer, investigador do Koch Institute for Integrative Cancer Research no Massachusetts Institute of Technology (MIT).

Na súa …

A aceleradora Business Factory Aero da Xunta abre o prazo de presentación de candidaturas para a súa cuarta edición

15/06/2022

  • As empresas e entidades cunha idea innovadora para o uso dos vehículos non tripulados teñen ata o 15 de agosto para rexistrar as súas solicitudes de participación
  • O obxectivo desta convocatoria, que incorpora como novidade un itinerario de consolidación, é apoiar ata 11 proxectos e potenciar o ecosistema tecnolóxico ao redor do Polo Aeroespacial de Galicia

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2022.- A Business Factory Aero (BFAero), programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas especializado en vehículos non tripulados da Xunta de Galicia, abre hoxe oficialmente o prazo de inscrición na súa cuarta edición cun enfoque máis internacional e buscando sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia, co obxectivo de potenciar o ecosistema tecnolóxico ao redor …

A Xunta destaca o potencial de Galicia na oferta de servizos biotecnolóxicos para mellorar a calidade de vida das persoas

12/06/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou o Instituto de Estudios Celulares y Moleculares (ICM) en Lugo
  • A empresa, con 25 anos de historia e especializada en diagnostico xenético, emprega as tecnoloxías dixitais para avanzar cara a unha medicina preditiva e personalizada

Lugo, 12 de xuño de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañada polo conselleiro delegado executivo da Confederación de Empresarios de Lugo, Eduardo Valín, visitou esta semana a empresa lucense Instituto de Estudios Celulares y Moleculares (ICM) que presta servizos asistenciais de xenética a laboratorios, hospitais e aseguradoras médicas.

Durante a visita, a directora da Axencia Galega de Innovación, dependente da Vicepresidencia pri …

O investigador David Glowacki incorpórase á Universidade de Santiago a través do programa Oportunius da Xunta

07/06/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no acto de presentación do científico estadounidense, que desenvolverá o seu traballo no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius)
  • Galicia conta con 25 investigadores e investigadoras beneficiarios de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC), nove deles contratados directamente a través do Oportunius, e este ano incorporaranse dous máis ata chegar a once

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022.-A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou esta mañá no acto de presentación do investigador David Glowacki que o programa Oportunius, impulsado pola Xunta de Galicia, ten permitido captar internacionalmente catro investigadores …

A Xunta destaca en Ordes a innovación como factor clave para medrar en sectores como a distribución

03/06/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, visitaron esta mañá a multinacional ordense Internaco, dedicada á distribución de maquinaria forestal, agrícola e de xardinería
  • Coñeceron os diferentes proxectos de I+D+i da compañía, en especial o Sustainovation Hub – Bosque e Xardín, no que aplican novas tecnoloxías e modelos de negocio para desenvolver produtos e modelos comerciais cun impacto social e ambiental positivo

Ordes (A Coruña), 3 de xuño de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, visitaron esta mañá a sede da empresa Internaco en Ordes, onde puideron coñecer os plans de crecemento da …

A Xunta de Galicia e DATAlife analizan a madurez dixital do sector primario a través do proxecto transfronteirizo Hiba

01/06/2022

  • Durante o evento, organizado pola Axencia Galega de Innovación e o hub de innovación dixital DATAlife en colaboración con Big Data Value Association e o Clúster TIC Galicia, presentáronse os resultados da diagnose da industria agroalimentaria en materia de dixitalización para plantexar solucións dixitais orientadas ás necesidades do sector
  • Este evento enmárcase no proxecto de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) Hub Iberia Agrotech (Hiba), que ten como obxectivo impulsar un ecosistema plurirrexional centrado na dixitalización do sector agroalimentario

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou que a transformación dixital é unha necesidade real das empresas hoxe e …

Conde destaca que o programa Oportunius permite captar e reter en Galicia aos investigadores con maior prestixio da UE

31/05/2022

  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que a Xunta apoiará a contratación este ano de dous novos Oportunius, sumando deste xeito 11 desde a posta en marcha da iniciativa
  • O programa ten contribuído a que Galicia sexa a quinta comunidade en número de proxectos do Consello Europeo de Investigación (ERC), e volume de recursos captados, sumando 72 millóns de euros
  • Subliña que Galicia prevé investir máis de 220 millóns de euros ata 2024 para seguir impulsando o talento científico

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe no II Encontro Oportuniusque este programa impulsado pola Xunta permite coidar e ampl …

A Xunta apoia a consolidación das pemes biotecnolóxicas galegas para situar Galicia como un referente europeo do sector

24/05/2022

  • A Axencia Galega de Innovación (Gain) acolleu unha xornada na que se presentaron as oportunidades de investir e innovar en Galicia neste eido, entre elas, a nova liña de apoio Consolida Bio, dotada con 3M€
  • Aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 20 de xuño, o obxectivo é consolidar pemes do sector biotecnolóxico galego a través de investimentos e de innovación
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, apuntou que Galicia é actualmente unha das rexións con maiores vantaxes para crear e impulsar o crecemento de empresas biotech
  • Pola súa banda, o director do Igape, Fernando Guldrís, explicou os instrumentos de apoio ao financiamento e ao investimento empresarial do seu departamento

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022.- A directo …

1 53 54 55 56 58 59 60 61 197