A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015.- A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía e Industria e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) están a organizar unha xornada de presentación das novidades de financiamento público á I+D+i por parte de representantes de GAIN e de CDTI. Ademais, durante a xornada presentaráse a convocatoria 2015 do Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CIEN). O evento terá lugar o xoves 23 de abril a partir das 9:00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, actual sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela.
A xornada está dirixida a empresas, centros de investigación públicos e privados, universidades e centros tecnolóxicos, así como calquera persoa interesada no tema. Nela presentaranse as principais novidades nos instrumentos de financiamento da I+D+i por parte de ambas as entidades (CDTI e GAIN) e explicarase en detalle a convocatoria 2015 do Programa Estratéxico CEN, que está actualmente aberta.
O enfoque será eminentemente práctico, podendo manter os asistentes que o desexen unha xunta bilateral cun técnico de CDTI para revisar a proposta de proxecto ou resolver posibles dúbidas. O programa e o formulario de inscrición están dispoñibles nesta ligazón .