A Xunta destaca o traballo conxunto de Akwel e o CTAG como mostra da aposta que o sector da automoción está a facer pola innovación
13/07/2022
- Conde apunta que das 46 Unidades Mixtas que se levan posto en marcha, 15 están especializadas no sector da automoción, cunha mobilización de 41,3M€ de investimento
- Sinala que a convocatoria deste ano inclúe como principal novidade unha nova liña de axudas para a creación de centros mixtos de investigación cos que dar estabilidade a proxectos relevantes que se están a desenvolver en Galicia
Vigo, 13 de xullo de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe o traballo que Akwel e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) levan desenvolvido ao abeiro da Unidade Mixta de Investigación que conforman que, segundo dixo, demostra a aposta que esta industria está a facer pola I+D+i.
“Constátase o ...


