A Xunta colabora con pemes e micropemes galegas en 32 proxectos para impulsar a innovación no tecido empresarial desde a colaboración público-privada
09/09/2022
- Conde apunta que, co programa InnovaPeme, este ano a Administración autonómica apoia 32 proxectos de innovación no tecido empresarial galego cunha mobilización de 4,8M€ de investimento total
- Néboda Farms, especializada no sector agrotech, desenvolveu grazas a estas axudas un innovador sistema de agricultura vertical que lle vai facer posible, entre outras cousas, triplicar o seu rendemento produtivo
Vigo, 9 de setembro de 202.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a startup viguesa Néboda Farms, onde puxo de relevo o traballo que está a facer a Xunta de Galicia para impulsar a innovación en pemes e micropemes galegas de sectores diversos desde a colaboración público-privada.
Conde apuntou que co progr …


