Dez profesionais da transferencia de coñecemento fórmanse en Oxford co apoio da Xunta
30/09/2022
- Estas estadías enmárcanse no programa Ignicia, unha iniciativa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en colaboración coa Fundación Barrié
- Este programa serve de nexo entre o gran potencial da ciencia excelente que se realiza en Galicia e o mundo empresarial, para converter a investigación en solucións de mercado útiles para a sociedade
- As persoas participantes reciben formación especializada e sesións de mentoría individualizada en Oxentia, organismo que naceu como división de Oxford University Innovation, a entidade de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022.- A Xunta de Galicia organiza unha acción formativa que leva ao Reino Unido a dez profesionais da xestión da …


