A Xunta pon en valor o ecosistema de I+D+i galego na Feira Internacional Patents for Innovation de Madrid
22/10/2022
- A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación conta cun mostrador institucional no que participarán máis dunha ducia de entidades de I+D+i galegas entre o 26 e o 27 de outubro
- Esta acción enmárcase no programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, promovido pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2022.- A Xunta de Galicia pon en valor o ecosistema de I+D+i galego na primeira feira internacional Patents for Innovation (P4I 2022), que se celebra os días 26 e 27 de outubro en Madrid e que busca ser o maior punto de encontro europeo en innovación e transferencia de tecnoloxía. Así, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Inn …


