Novas

A Xunta abre ao público en Santiago unha mostra con preto de cen casos de éxito da combinación de deseño e innovación en Galicia

04/11/2022

  • A exposición ‘Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia’ foi inaugurada esta mañá pola directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e poderá verse ata o 16 de decembro na Fundación Didac
  • Hoxe presentouse tamén o ‘Dicionario do deseño e da innovación de Galicia’, unha publicación que nace con 140 referencias de proxectos e empresas galegas e será obxecto dunha actualización continua

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2022.- A Xunta de Galicia, coa colaboración da Fundación Didac, abre esta tarde ao público en Santiago de Compostela a exposición Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia. A mostra, que poderá visitarse ata o 16 de decembro na sede de Didac (rúa de Pérez Constanti, 12) foi inaugurada esta mañá po …

A Xunta de Galicia difunde as vantaxes de combinar deseño e innovación a través dunha exposición e un dicionario de casos de éxito

03/11/2022

  • A exposición ‘Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia’ inaugúrase mañá e estará aberta ao público ata o 16 de decembro na Fundación Didac, en Santiago
  • A mostra compleméntase co ‘Dicionario do deseño e da innovación de Galicia’, unha obra viva que nace con 140 referencias de proxectos e empresas galegas

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022.- A Xunta de Galicia presenta mañá en Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Didac, un proxecto expositivo e editorial para difundir as vantaxes que supón combinar deseño e innovación en termos de competitividade empresarial.

A exposición Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia será inaugurada mañá ás 10:30 horas e quedará aberta ao público desde as 16 horas na sede ...

A Xunta de Galicia destaca a importancia de que os países iberoamericanos se atopen irmandados por unha mesma visión do que significa a I+D+i

02/11/2022

  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración da V Reunión de Ministras, Ministros e Altas Autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Iberoamérica, que se celebra en Santiago de Compostela
  • Apunta que o camiño da innovación en Galicia se basea na confianza e na colaboración con todos os axentes que conforman o ecosistema e en sectores estratéxicos como o aeroespacial, o biotecnolóxico ou as tecnoloxías cuánticas

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou na inauguración da V Reunión de Ministras, Ministros e Altas Autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Iberoamérica a ...

28 empresas e centros de coñecemento aspiran a desenvolver novas solucións con vehículos non tripulados que se empregarán nos servizos públicos da Xunta o próximo ano

29/10/2022

  • O 75 % das empresas que concorren á licitación son pemes e un 46,5 % do total son galegas
  • A Xunta investirá 6,5 M€ nesta contratación do Polo Aeroespacial de Galicia coa que se impulsa o desenvolvemento tecnolóxico e posterior despregue de solucións con drons para a mellora da atención das emerxencias sanitarias e sociais, da xestión forestal e dos recursos mariños

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2022.- Un total de 28 empresas, parte delas integradas en consorcios, aspiran a desenvolver as novas solucións con vehículos non tripulados que a Xunta de Galicia incorporará a diferentes departamentos para a mellora da atención das emerxencias sanitarias e sociais, da xestión forestal e dos recursos mariños. Das 28 empresas que presentaron ofertas, o 75 % (21) son p …

A Xunta recolle nos Orzamentos do vindeiro ano máis de 27 M€ para consolidar o Polo aeroespacial de Galicia

27/10/2022

  • Conde salienta que Galicia agarda que o Goberno convoque canto antes o groso das axudas deste Perte Aeroespacial porque conta cun proxecto sólido e apoiado por tres novos socios industriais (Airbus, Babcock e Telespazio) e por compañías do sector como Boeing e Indra

Vigo, 27 de outubro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, apuntou hoxe que os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano recollen unha partida de máis de 27 M€ para consolidar o Polo Aeroespacial de Galicia.

Conde interveu esta tarde en Vigo no congreso New Space 2022 —organizado por Alén Space-, centrado no sector aeroespacial, onde recoñeceu que hoxe en día Galicia é unha mención obrigada na industria dos vehículos aéreos non tripulados a nivel …

Conde subliña que o sector biotecnolóxico ten futuro en Galicia grazas á confianza depositada polo tecido empresarial con iniciativas como as de Zendal, Indukern e Lonza

27/10/2022

  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Santiago de Compostela no VII Fórum RIES 2022 sobre a saúde de vangarda
  • Lembra que Galicia é actualmente a segunda Comunidade máis bioemprendedora de España, con 4000 empregos directos nesta industria

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, subliñou que o sector biotecnolóxico ten futuro en Galicia grazas á confianza depositada polo tecido empresarial, con iniciativas como as que proxectan Zendal, cunha planta de vacinas no Porriño cun investimento de 111 millóns de euros; as futuras instalacións de Indukern en Monforte de Lemos para a fabricación de produtos farma …

Os orzamentos da Vicepresidencia económica medran un 12%, ata os 524 M€, co obxectivo de impulsar a Axenda industrial para a Galicia de 2030

26/10/2022

  • Trátase de promover a transformación enerxética e dixital do modelo produtivo e, para iso, a Xunta de Galicia vai poñer á disposición do tecido empresarial todos os incentivos e as medidas de acompañamento necesarias para desenvolver proxectos innovadores e sustentables
  • A curto prazo, darase resposta ás necesidades das familias e sectores económicos —en particular o comercio— derivadas da inflación e o prezo da enerxía
  • As prioridades, polo tanto, van estar en impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética (80M€) nos fogares, as empresas e a propia Administración, incentivando o autoconsumo e as comunidades enerxéticas
  • Tamén se buscará incrementar o número e a diversidade de pemes e microempresas innovadoras en Galicia e que o talento tecnolóxico ...

A Xunta destina 7,6 M€ nos Orzamentos de 2023 para apoiar os centros tecnolóxicos galegos

25/10/2022

  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá co novo presidente de Atiga, Jesús Lago

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, trasladou esta mañá a Atiga que a Xunta de Galicia destinará nos rzamentos de 2023 un total de 7,6M€ para apoiar os centros tecnolóxicos da Comunidade.

O vicepresidente económico recibiu ao novo director de Atiga, Jesús Lago, ao que agradeceu que este centro comparta coa Administración autonómica a filosofía de colaborar para innovar. Isto convérteo nun aliado estratéxico dos principais sectores industriais de Galicia como a automoción, o naval, o aeronáutico ou o enerxético …

A Xunta apoia 29 proxectos de pemes galegas para integrar o deseño como panca de innovación e sostibilidade

25/10/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a empresa lucense A-Vida Revestiments, participante na primeira edición de DeseñaPeme
  • A segunda edición desta iniciativa suporá a mobilización de tres millóns de euros e apoiará 93 contratos de traballo
  • Esta liña de axudas cofinancia proxectos de deseño de produtos, servizos, experiencias, marcas e identidade corporativa

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a empresa lucense A-Vida Revestiments, da que destacou a súa capacidade para posicionarse con éxito no mercado mundial a través de solucións decorativas singulares que combinan o deseño, a sostibilidade e a innovación en materiais e procesos. A súa es …

A Xunta reforza a actividade científica de 117 grupos e proxectos de investigación, aos que destina 20,3M€

23/10/2022

  • A Consellería de Educación e a Vicepresidencia Primeira publican o listado dos beneficiarios, da actividade investigadora, ata 2026, máis competitiva do sistema de I+D+i
  • O Goberno galego leva mobilizado preto de 200M€ para estes grupos, o que garante que nestes momentos haxa o maior número de equipos científicos activos da historia
  • Inclúense os Grupos de Referencia Competitiva, os Grupos de Potencial Crecemento e os Proxectos de Persoal Investigador con traxectoria excelente

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2022.- A Xunta de Galicia vén de resolver no Diario Oficial de Galicia as axudas para o funcionamento dos grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i para o período 2022-2026, que supoñen unha inxección de 20,3M€ por parte da Consellería …

1 48 49 50 51 53 54 55 56 197