A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións
2023-12-05
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014.- A Xunta de Galicia presentará o vindeiro martes, 23 de decembro, o Centro Mixto de Investigación en Avións Non Tripulados Xunta de Galicia-INTA na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea (Avenida Terra Cha, 17) en Castro de Rei. O acto será inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela Olmo, e o secretario de Estado de Defensa, Pedro Argüelles Salaverría.
O Centro de Investigación Aerotransportada, que vai estar situado na localidade luguesa de Rozas, é un centro mixto de investigación no que colaboran a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, o Ministerio de Economía e Competitividade e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). Trátase do primeiro centro destas características en Europa que prevé converter á nosa Comunidade nun polo de referencia do sector aeronáutico.
Ademais do potencial que supón a creación deste centro para o sector aeronáutico, como centro de ensaio e investigación en aeronaves non tripuladas, tamén suporá unha oportunidade para outros sectores estratéxicos para Galicia, como a automoción ou o naval, cos que comparte moitos procesos e metodoloxías.
Así mesmo, dende o punto de vista da innovación, contribuirá ao desenvolvemento de áreas clave para Galicia como a pesca –na busca de aplicacións para a localización de bancos de peixes e a xestión das mareas vermellas-; a agricultura –na localización de recursos hídricos-; ou o sector forestal –que poderá aproveitar estes dispositivos para controlar incendios e pragas-. Estes son tan só algúns exemplos das posibles aplicacións destes dispositivos.
Dende o punto de vista científico, abrirá tamén unha importante oportunidade para a comunidade científica, coa creación de ata 50 postos de traballo directos de alta cualificación cando o centro se atope a pleno rendemento, e para a captación de talento investigador de alto nivel para Galicia.
Na xornada de presentación participarán representantes das administracións implicadas, de fabricantes como Airbus, de empresas e asociacións vencelladas ao sector aeronáutico galego e dos centros tecnolóxicos galegos.
O evento está aberto a todos os axentes do sistema galego de innovación, así como á sociedade no seu conxunto. Aquelas persoas que estén interesadas en participar deben rexistrarse previamente. O programa completo así como o formulario de inscrición están dispoñibles nesta ligazón