A Xunta felicita a Atiga no seu décimo aniversario pola súa contribución á transformación do tecido produtivo galego
22/11/2022
- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na xornada “Recordos do futuro: Encontro empresarial sobre innovación tecnolóxica” organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga)
- Os sete centros tecnolóxicos galegos que integran Atiga suman unha carteira de máis de 2000 clientes, 1700 investigadores e tecnólogos, desenvolven máis de 450 proxectos de I+D+i anuais e contan con 141 patentes
Vigo, 22 de novembro de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na inauguración da xornada Recordos do futuro: Encontro empresarial sobre innovación tecnolóxica, organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) con motivo do seu décimo aniv …


